jueves, 30 de septiembre de 2010

Rematando Setembro e seguimo-lo pique ...

Na tarde deste pasado luns os integrantes de enbuscadoscampeiros saímos denovo a carretera para afrontar unha unha nova saída na que se ian a descubrir varios aspectos de moito interés de cara o transcurso de futuras saídas; tales como que ... :

A Fernando tamen lle doen as críticas que viña tendo dende as duas derrairas saídas que nunca tanta excusa foi boa e onte pagamolo nas nosas pernas especialmente tanto Andrés coma eu mesmo...

Andrés con tanto cambio de bici non ten continuidade de pedaleo e estaría ben que puidese optar a ter unha mellor montura para dar todo o que leva dentro...

Xavi o mais correcto ata o día de onte, non lle doian prendas en baixalo ritmo e botarlle unha man o compañeiro que viña floxeando ... na tarde do luns entrou a trapo na estratexia de Fernando de tirar a morte sen escatimar esforzos para deixarnos solos na metade do recorrido...

Agra, a pesares de pasalo mal na subida principal cara Busto de Frades chega o cumio por diante do seu mais directo rival; ó cal non tivo prendas de espellarlle para facer o resto da etapa xuntos cando de súpeto lles chegou a demarraxe dos que se presumian de ser mellores compañeiros...


Reunímonos denovo en Negreira; Andrés, Fernando, Xavi e Agra; o percorrido que nos esperaba escomenzaba saindo da vila e collendo a estrada AC-5602 dirección PonteNafonso, lévanos deixando atrás a Gandara, Gonte ... ; dende un principio ponse na cabeza do grupo Fernando que vai poñendonos un ritmo exixente con vistas a pasar-nos factura mais tarde, logo duns primeiros 9 km rompepernas de continuas baixadas e subidas exixentes collemos en Liñaio o desvio que nos deixa a rás do encoro de Barrie de la Maza.
Dende aqui e tal como reflexa a seguinte presentacion de fotos tiñamos unha subida complicada, 5 km de continuo ascenso con un só descanso intercalado e con unha porcentaxe media quizais demasiado elevada para a nosa preparación actual, sen falar dos porcentaxes máximos que nos iamos atopar sendo mais próximos os pirienos ca dos montes galegos que nos ían poñer no sitio a cada un de nós...

Escomenzamos a subida sempre con Fernando e Xavi subindo a ritmo diante, Andrés mais Agra viñamos por detras a escasos 10m. deles sempre subindo mais apurados de folgos e xustos de forzas nestas primeiras rampas que se moven en porcentaxes entre o 6-10%. Chegamos A Graña que nos dá un descanso de 400m. collendo xa o desvio para Busto de Frades, onde realmente empeza o duro da subida e a primeira rampa xa na frente 12% - 14% - 17% por momentos, cada un aguantaba como podia encima da bici para non pinzarse e zigzageando fomos subindo cada quen o seu ritmo. Por diante seguian Fernando e Xavi, quedabase 25m. Andrés e a escasos 10m. deste viña Agra aguantando o tipo nunha tarde que tocou sufrir nestas rampas complicadas. Os primeiros fan unha pequena parada para agruparnos un pouco; continuamos subindo logo da unificación e o remate da subida coroa Xavi de primeiro por diante de Fernando demostrando ambolos dous estar un par de ptos. por riba dos demais, de terceiro chega Agra e con tempo perdido e bastante tocado ven o Andrés que hoxe si que sudou o seu...

A baixada cara San Xusto é rapida e demasiado corta para todo o sufrido con antelación e pronto chegamos a intersección da AC-543 Santiago-Noia e denovo un treito de subida sendo o momento crucial da etapa, Fernando leva as costas a Xavi e ambolos dous poñen un ritmo elevado sendo os primeriros en chegar o alto de Fontefría, Agra ven por detras e antes de coroar ainda os ten a vista pero xa a 200m. por diante, por atrás ven Andrés que verdadeiramente hoxe estao a pasares mal, cando ambolos dous contaban con unha proxima agrupacion damonos conta que os dous escapados non baixan ritmo e seguen abrindo distancia, en Martelo nin sequera se ven na distancia e Agra non ten mais remedio que facer equipo e ir  marcandorle un ritmo comodo a Andrés; e ir levando-lo resto da etapa o mellor posible ambolos dous.


Por diante a parexa de escapados non disputa a etapa, en cordial armonia "guay" chegan en solitario a Negreira consolidando a alianza dos mais fortes que a boa fé dará mais que falar e completará fururas liñas neste blog que cada día se presta mais o analise das actitudes dos detractores da arte do "hachazo" e non polo contrario son dos menos practicantes do feito en sí.

3 comentarios:

  1. Pois eu con istes "piques" y Hachazos paso de pinga sodes uns fenomenos todos.
    Agra un crak y un espiritu de superacion que xa me gustaria. veiras

    ResponderEliminar
  2. ANDREU DIJO AGRA VETE A TOMAR POR EL CULO NOS VEMOS EN LAS CORREDOIRAS.
    FELICIDADES A XAVI Y FERNANDO SODES A PUTA HOSTIA.

    ResponderEliminar
  3. Sodes afortunados por ter dentro e fora do traballo ese bó rollo que tedes. A maiores de eso, practicades deporte que eso é saude. E por si esto fora pouco, de seguro que de vez en cando tamén rides un anaco lembrando batallas. Polo cal felicítobos e anímobos a que non perdades ese bó rollo. E por suposto, non colguedes as botas có frio!!! Ánimo rapaces, sodes exemplo de compañerismo. Anonim@

    ResponderEliminar