sábado, 12 de marzo de 2011

Antroidadas campeiras...

Xa pasado o antroido deste 2011 de copiosos cocidos, estupendas filloas e deliciosas orellas iba sendo moita hora de retomalo “biciclo”. Daban as tres e media da tarde do pasado xoves cando nos xuntamos catro dos campeiros no lugar designado a rentes do CHUS compostelano, saindo en dirección O Carmen de Abaixo, nos principio o pedaleo era alegre cando de súpeto nos topamos con aquela moza de longas pernas e acorazoado traseiro que xa nos subiu dabondo as pulsacións, dandonos os folgos suficientes para acometer as primeiras subidas hacia Casas Novas donde o Agra se escomeza a acalorar, paramos a quitala chaqueta e pola sua vestimente tal cual queda “araña negra” presta para dalo hachazo...

No percorrer da ascensión das faldas do Pedroso acontece unha significativa e inesperada novidade, a algún campeiro lle chegaron os excesos do entroido e a falta de pernas, o Mikel resintese duramente e paseniñamente vai perdendo conva co resto do grupo. Xa non falamos do follones que  como de cotio tira por diante tal cual “peliqueiro de Laza” diante da procesión, por atrás segueo Andreu sen demasiadas alegrias e con este vai Agra, que se manten a roda no que naquel momento viñan a ser uns principios prometedores. O Mikel sufre e busca a parada reparadora excusandose no laiar das zapatas para busca-los folgos que lle faltaban.

Case sen contalo, pasamos pola Peregrina cando nun alarde de pericia e cun risco minimo Agra desbocase por unha corredoira que lle leva a adiantar o peloton arrancandolle cerca dun minuto nunha distancia de poco mais dun kilometro, ”que falta de collons destas mariconas campeiras”.
Seguimo-los camiños por Brandia en direccion a Sigueiro, cando de volta o Mikel pide pan por señas, desta volta a dolor de espalda superalle o laiar da roda ...”uiuiui...culito, culito".  Xa chegando a Sigueiro asomanse as ribeiras do Tambre onde paramos a sacar os retratos...



Tomamos camiño de Lavacolla con intención de chegar o VOR do aeroporto, pero unha falta de orientacion do Andreu polas pistas do rural levanos a desistir do trazado inical, xa eran horas de estar devolta e o tempo se nos viña encima polo que tivemos que coller o coñecido camiño peregrino de Santiago ( Ruta inglesa ).
O chegar a Sionlla producese a anecdota tan inesperada como dolorosa desta ruta, Agra foi victima de dous lostegros nas duas pernas que o deixaron eibado na carretera nunha vergoñenta imaxe para o grupo que a vo fé ningun dos presentes se queria perder por mor das risas que padeceron... pasando de araña negra a liscancero tolleito. No seu lastimero xadeo e agarrandose as suas partes mais que unha lesion daba a entender outra cousa...

Chegamos a Santiago pola ruta habitual, baixamos ata a catedral para logo atravesalo casco urban e despedirnos do Andreu. Sen mais que contar amigos meus remata  esta que podemos chamarlle a primeira ruta campeira do antroido ... con peliqueiros, arañas negras, risas e algarabias que tanto botabamos de menos.

"Crica no grilo"