Este pasado venres 17 quedamos as 16:00 h. no parking das piscinas do milladoiro; houbos que tiñan presa: Fernando e Andres xa estaban prestos e dispostos antes da hora establecida, este que vo lo conta acude puntual como é menester e Xavi xa trae demora duns minutiños pero é que ó Mikel tivemos que darlles unhas perdidas por mor de que se quedara "dormidito" logo do postre facendo a dixestión...
Logo de estarmos todos, Mikel trainos un agasallo, tratase dunha minúscula camara para ir recollendo esceas da saída do día, decidimos colocala no manillar da bici de Fernando que para algo é o que está en mellor forma, temolo como ós das motos da volta ciclista...
Cruzamo-lo Milladoiro e saimos cara Teo, seguimos baixando rápido pasando por Luou e collemos cara A Ramallosa, imos rodando agrupados ainda que sempre tirando do grupo Agra e Fernando, dende A Ramallosa por carretera boa collemos unha baixada rapidisima (78 km/h) que nos deixa en Puentevea ás veiras do Rio Ulla, moi preto do Xirinbao que imos deixando atras mentras vamos subindo de paseniño unhas rampas levadeiras deixando ás nosas costas Valiñas, Sinde e Pousada; cando empezabamos co tramo da subida mais en costa decidimos baixar para ve-las vistas a carón do Ulla dunha minipresa que vemos dende a carretera. Seguimos subindo e coroamos sen demasiada presión o Alto de Herbón que na baixada nos deixa no por todos coñecida poboacion por excelencia productora de pementos da zona, poucos kms mais alá xa estamos dentro do casco vello da vila padronesa que nos serve de atallo para cruzar o outro lado e escomenzar a subir cara Rois, nesta localidade xa levando cerca dos 40 kms nas pernas xúrdenos a dúvida de seguir pisteando cara Bastavales - Brión ou intentar a ascension cara Urdilde. Nun acto de generosidade Fernando toma a iniciativa e metenos po-lo cruce que nos levará 10 km continuados de ascensión, os primeiros son levadeiros con porcentaxes entre 2-4 % con algun descanso que outro pero así e todo a media diaria que viñamos traendo era bastante alta; 22,80 km/h de promedio que nos facia ter unha dor de pernas de continuo. Cando faltaban escasos 4 km para Urdilde as rampas levadeiras convírtense en porcentaxes duros e curvas ó mais estilo Mortirolo de 180º enlazando de duas en duas, ese tipo de reviravoltas que non podes coller po-lo interior xa que resulta excesivamente dura e teste que ir abrindo a medida que da-lo vertice da curva, chegamos a subir unha pendente do 12% nun tramo curto pero moi exixente que por fin nos dou un descansiño a un kilometro escaso de Urdilde.
Baixando rápido como acostuma Agra escapa do grupo cara Bertamirans e logo dun incidente cun cadelo que se lle cruza ó grupo perseguidor producese a unificación na subida cara Aldea Nova. No treito de Roxos e posterior subida para a Papeleira de Brandia cada un vai tirando ó seu ritmo, xa con gañas de chegarmos denovo ó Milladoiro; logo de 63km en 2h50' traemos uns nada desdeñables 21,55 km/h de promedio.
Como resumo da saida decir que é una recorrido óptimo para sair a facer kms, sempre por carretera boa que nos permite chegar a medias altas e con subidas nun principio levadeiras para logo te-lo colofón na subida a Urdilde dende Rois, que nos da ese punto de dificultade que nos ben de pinga para deseguir co desenrrolo do entreno de cara ó final de tempada estival.
El redactor es un poco "chaquetero"....barre para casa de carallo, aunque no se para mucho en comentar el desarrollo de las pendientes, felicidades por el "hachazo" generalizado que nos diste...........a alguno aun no se le quito el "miedito" del cuerpo, a ver lo que tarda en volver
ResponderEliminarMaikel, de miedito nada , mas ben cagalera, vendo como se disipaban as miñas dubidas sobre o " hachazo " dende logo a melloria fisica de este comenza a ser preocupante pero PARA TODOS. Felicidades para el, a pesar de non ser moy neutral nos comentarios da etapa
ResponderEliminarFELICIDADES AGRA.TODOS MELLORACHES DE CARALLO
ResponderEliminarPERO VEMONOS NO MONTE CAMIÑO DE FISTERRA ESTE MARTES.
FERNANDO VEIRAS
Mañan e o día da verdade............que temblen os campeiros..............e as nosas pernas tamén
ResponderEliminar