martes, 14 de septiembre de 2010

Primeira saida de Setembro

Eran as 11:30 da mañan cando nos reunimos en Aguapesada os tres valentes que puidemos atrevernos a facela subida do que Xavi nos relatara como a subida ao inferno...

O Mikel e Xavi xa viñan cuns kms nas pernas dende O Milladoiro, eu tivera que dar un rodeo para chegar dende Brion por mor dun desvio que non coñecía. Cando cheguei onda eles e vin o Mikel que se poñía a pañueleta tal cual "pirata" pensei que de seguro tocaba sufrir polos catro costados. Empezamos a subir cara Tapia por carretera boa e unha porcentaxe levadeira que nos sirveu para ir quencendo musculos e facendonos a idea do que se nos ía deparar logo do cruce da Iglexa de Tapia, cando chegamos tomamos un descanso vendo de primeira man as primeiras rampas que nos facian acongoxarnos ainda mais.
Saímos para arriba e xa lle metemos desarrolo a bici, as primeiras rampas do mais tendido que podades encontrarvos por esta zona, un 14% marcaba nada mais sair; eses 2 km. serian unha proba de esforzo do mais completa.
Paseniño seguiamos ascendendo e cada vez mais pronunciado era o esforzo e o sufrimento que na bici iamos padecendo, un pequeno descanso...escasos 200 m. nos que a porcentaxe baixaba a un 6% e denovo tendía o asfalto cara o ceo despexado. O lonxe unha recta duns 800 m. que nos dislumbraba un remate agonico cando as forzas xa non permitian un triste alento de mais.
Logo de tanto sufrimento daste conta do bonito que é alcanzar obxetivos; este era un reto que tiñamos que superar para deseguir progresando no desenrrolo das nosas capacidades.


Presiosas vistas dende o alto que pronto deixamos atras nunha baixada rapida hacia Cortegada, logo duns falsos llanos chegamos á Ameixenda, tomamos dirección Santiago e ó chegar a recta de Vrins desviamonos para baixar esta tamén complicada rampa a carón do Monte Pedrouso. Seguimos baixando alegremente pasando por Filgueiras e saindo a carretera Noia-Santiago xusto a carón da Papelera de Brandía.



Tocaba despedirse e xa nos emplazabamos para a seguinte, Xavi e Mikel collian cara Santiago e eu voltaba por carretera boa para Brion.

5 comentarios: