viernes, 8 de octubre de 2010

Saída de tranquis...

Este pasado mercores; nunha calma esperada dentro desta semana de choivas que levamos, decidimos sair 3 dos enbuscadoscampeiros; quedamos en Brión Fernando, Mikel e Agra. A eso das once da mañan saimos en dirección Bertamirans para desviarnos no cruce que leva para Cobas, en Aguapesada fixemos un alto en canto lle vimo-lo coche de Rey que estaba na casa dos pais, logo de botarlle unhas risas seguimos subindo cara Tapia, con bo ritmo a idea nun principio era chegar a Portomouro e coller AC-404 que nos levara  a recta de Vrins, logo de baixalo tentariamola subida o Pedroso, pero por mor dunha leve tendidites de Fernando e que Agra viña de currar de noite con apenas duas horas de sono deixamonos levar polas nun principio terras chans de Xerman, Troitosente ... nas sempre fermosas veiras do Rio Tambre.


De ahí empezamos a subir cara Vilacoba e Fiopans, xa no Concello da Baña antes de chegar a Vilar de Suso producese a anecdota graciosa da xornada e da cal mais un que outros fan sangue do compañeiro que noutra hora lles pode votar unha man, non é mais que logo dun importante repeito coroado como sempre con Fernando diante paramos para repoñer forzas, cando decidimos arranca-la denovo a marcha a hora de metelo calapé no pedal; que si  ... que non entra; Agra tombea coa bici a un campeiro de herba frondosa que lle amortigua o golpe sen mais consecuencias que os outros dous pillastres estanse a mofar do feito... A todo porco lle chega o seu San Martiño ...


Pola AC-444 facemos unha rapida baixada a rentes de Ceilan que nos deixa as portas de Negreira onde xa se queda Fernando e continuando Agra e Mikel ata Brion en solitario. Na subida dende Feiraco ata Portanxil Agra marca ritmo e Mikel deixase levar cavilando nas maldades que estan por chegar...


No hay comentarios:

Publicar un comentario