sábado, 16 de octubre de 2010

Explorando camiños e montes ...

Este pasado venres reunimonos denovo enbuscadoscampeiros na que ía ser a saida mais numerosa dende a nosa creación; reuníamonos sete compañeiros e saíamos dende o Milladoiro coa intencion de facer unha ruta polos camiños que bordean ó Monte Pedroso rematando subindo o cumio para logo ir atravesando por pistas para sair á Pelegrina e seguir  dirección Pol. do Tambre xa con vistas de voltar o pto. inicial.
Nesta saída integrabanse o grupo de habituales dous fichaxes novos, Oscar Vilar que facia escasos 15 dias que tiña a sua virxinal e impoluta Mondraker, por outro lado re-iniciabase tamén Juan Blanco, que con ansias de facelo ben e por falta de bici propia axenciase unha dun colega que ás primeiras de cambio o deixa tirado cando so levabamos 6 km de ruta ... "entre o cambio e que retiveches mais ben pouco meu; libracheste dunha que che deixaría mexando pepsi-cola durante o resto do mes" ...


Logo de que Juan nos deixara xa na Rua de San Lourenzo proseguimos polo Carme de Abaixo ata a Rua de Casa Novas onde xa nos atopamos unha pendente que picaba entorno o 10-12 %, vamos subindo agrupados marcando ritmo Xavi como o gran valedor da ruta de hoxe; antes de chegar o fin de Casas Novas desviamonos a dereita por un camiño de terra que nos leva bordeando as faldas do Pedroso ata preto do Lugar de Queiroal dende onde xa torcemos a esquerda para completala subida que nos leva ata as antenas do Pedroso.
Cabe suliñar a gran actuación que tivo a nosa nova incorporación; Oscar neste primeiro día de saida conxunta que con escasos 100 km  de entreno nas pernas aguanta perfectamente o ritmo do grupo sen descolgarse en ningun momento, o chaval gostalle ir por diante e ter controlados os rivais co rabillo do ollo por enriba do seu ombreiro, co seu pedaleo un tanto atrancado chega segundo as antenas completando cun sobresainte a parte mais dura da etapa.

Comenzamolo descenso e atravesamos cara o circuito de cross onde collemos polo cortafogos do gaseoducto que nos leva a zona da Pelegrina, logo entre pistas e camiños seguimolo pedaleo cómodo ata a rentes do Pol. do Tambre, o lonxe xa podemos velas chimeneas da Finsa e pouco mais alá o Hotel Castro; propuxemonos chegar ata él, o cal nos levou mais do devido, tanto en tempo como nas rascaduras de silvas e toxos que tivemos que padecer nunha zona de campo a través coas bicis as costas.
Denovo no Camiño de Santigo percorremos os derradeiros kms do mesmo, parada obligada na Praza do Obradoiro e dende alí con presas para o Milladoiro que xa estaba a caelo día.

Boas sensacións nos deixou esta saida, Fernando e Xavi sempre facil e alegres na bici, Andrés con nova montura para o monte que o fai sufrir mais do devido, duelo pendiente entre Agra e Mikel que hoxe non tivemos oportunidade de ver xa que todalas miradas copounas o noutra hora "follones" e que nesta tarde con entusiasmo e humildade nos deixou entrever un rival que ninguén esperaba a tan curto prazo...

8 comentarios:

  1. Bueno bueno.... sabendo habia que acercarse o Obradoiro !!!!tremenda etapa estadesvos superando nenos !! e un "Ole" moi merecido pa Oskita...

    ResponderEliminar
  2. Gracia a todos por deixarme participar cos campeiros un bo equipo que esta enforma, e non se amedrenta cos novos retos, vemonos nos campeiros. Gracias polos animos Lore.

    ResponderEliminar
  3. Creo que falta algo, noo????? E broma Agra.Boa crítica da ruta. Espero que sexa unha das moitas que lle quedan os Campeiros "veteranos". Os demáis ainda teñen que ganarse o puesto aunque algún vai por bó camiño. Xa veremos o outro si se gana o puesto.Onte deixamoslle alegar "problemas técnicos", Juán NON COLAN TODO-LOS DÍAS.

    ResponderEliminar
  4. Bueno creo que xa estamos en situacion de afrontar retos mais importantes e ambiciosos (non agra o tour de momento non)espero que podamos facer o camiño desde ponferrada en proximas fechas e algo que tiña previsto facer e co gallo da asociacion ista dos campeiros fun dando largas o tema o dito felicidades a oscar e visca os campeiros.

    ResponderEliminar
  5. A quen lle apetezca algo de competicion:
    II Marcha cicloturista concello de Serra de Outes, entorno a 40km que non se saen das nosas estadisticas, ainda que como coñezo o terreno teñen tela...
    Mais info: http://www.foromtb.com/showthread.php?t=655347&pagenumber=

    ResponderEliminar
  6. Agra, pero otra vez no conectaste para la altimetria, que pasa etabas nervioso por el duelo?
    Follones que sepas que eres su nueva meta............Juan sigue sin aparecer, no?

    ResponderEliminar
  7. Nada Mikel a Agra para darlle o hachazo ten que ser subindo, eu baixando estou seguro que non dou, non vexas como avancei cando me empuxou, pensei que levaba unha turbina de gas comprimido a espalda, menuda propulsión esta feito un krac

    ResponderEliminar
  8. agra, saleunos un competidor mais duro do previsto, eu creo que a mondraker, e a do ano 2009 e estivo entrenando en secreto. en canto a outra incorporacion creo que se CAGOU, ten razon gorge cando dixo, que fora con mais humildade, pero non lle fixo caso o noso sapiente compi. felicidades a Domingess, po-la sua magnifica direccion da etapa e hasta a proxima salida

    ResponderEliminar