sábado, 6 de noviembre de 2010

Ós viraventos do Corzán

Unha vez mais a vila nicrariense fai acollida o grupo dos campeiros, nesta ocasión xuntamonos  cinco dos integrantes da formación, como local Fernando anticipanos unha etapa de relativa dureza que nos vai levar a unha ascensión os Montes do Corzán seguindo nun principio o sempre enigmático Camiño Peregrino de Fisterra.
Quedamos as 15:30 h. no lugar de costume para aproveitar as poucas horas de luz que nos dá o outono, Mikel e Xavi son dos primeiros en chegar, logo aparece Agra que ven de traballar de mañán e como xa é costume que un de nós sempre chegue tarde desta vez tocalle a Oscar de levalo galardón de impuntual que ainda non figuraba no seu palmarés...


Saímos bordeando a vila os cinco campeiros entorno as catro da tarde co proposito de conquistalos viraventos do Corzán, tomamo-lo camiño peregrino que nos leva sempre en continua subida cara o Lugar de Zás, nesas reviravoltas do camiño húmedo e as veces enlamado domina e pon ritmo a subida Fernado que leva a carón del a Xavi e a ún voluntarioso Oscar que en ningún momento deixa as plazas dianteiras do grupo e na mente de todos entrevianse dúvidas sobre a sua valía de remata-la subida con ese “ forte ritmo de la hostia “ ou se polo contrario tronzaría cal cañota vella...
Continuamola subida a rentes de San Martiño e a medida que sumabamos kilómetros íamos esquivando arbores e pedras polo camiño que dificultaban o percorrer do trazado e con eles os folgos do que mais e o que menos ían floxeando. Ante nós xurdia un “merlo blanco” que nas ultimas rampas previas a chegada dos viraventos anticipabase o resto do grupo sacando unha lixeira ventaxa da sua atrancada pedalada e collia camiño en solitario cara o cumio, de seguido chegan o alto Xavi e Fernando e pouco mais atrás padecendo xa unha continua falta de oxixeno vital Mikel leva as costas o Agra chegando ambolos dous tan sorprendidos como derrotados pola explosiva progresión do mais novato campeiro.


http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1290328

Nunha tarde onde non se movia folla algunha percorremos o cumio do Corzán bordeando os viraventos estáticos, chega a hora de voltar non sen producirse previamente algún que outro incidente; nada que non fose advertido polos ben traxeados vendedores que lle puxeron nos pés tal cual grilletes que o levan preso cara o chan nun par de ocasións do que ainda fai denotar a sua descoordinación co pedal...
Un primeiro descenso as veces rápido e empinado pon a Agra como de cotío o frente do grupo, mesmamente nalgun tramo parecía que en vez de retornar para a casa íamos camiño do inferno.
Nun final de infarto cando estabamos a piques de entrar en Gonte arrancan Fernado e Oscar nunha descontrolada fuxida do grupo abrindo unha fenda de o menos 200 m., por detras Mikel e Xavi flaquean no intento de darlle caza os dous escapados; Agra é o único que lles presenta batalla desbaratando a fuxida e queimando os seus derradeiros cartuchos tentando dalo hachazo definitivo nos metros de baixada  que restaban poñendose en cabeza no momento de entrar na vila nicrariense pero entre o empedrado da rua e que picaba en costa non aguanta o ritmo e vese novamente superado por Fernando, Oscar e Mikel na linea de meta.

Novamente un reto superado polos sempre valerosos campeiros que unha vez mais soupemos estar a altura dunha etapa que nos levou ascender un desnivel acumulado nada despreciable de 845m., sen rampas excesivamente longas pero si con pendientes curtas ben pronunciadas e tan dificultosas de subir como de baixar.
Seguenos a rondar no pensamento a notable promesa do “merlo blanco” que non deixa de sorprendernos coa sua impoluta Mondraker de repelente antimanchas e agresivos pedais que lle poñen en jaque ós tobillos, o cal sae denovo cun notable alto no seu curto devenir como campeiro, deixandonos varias dúvidas sen resolver:
- Seguirá coa sua progresión ascendente?
- Ou ... será a súa motivación algunha venganza raposeira?
- En calquera caso; nalgún momento será capaz de facerlle sombra ós actuais lideres dos campeiros?
- Para rematar; aprenderá algún día a soltarse dos pedais ???

Meus queridos camperios, estas e outras dúvidas serán aclaradas en próximas saídas; “ meu deus, que nos quedará por aguantar …”

"Viva a cuca brava"

7 comentarios:

  1. Agra felicitarte pola tua cronica da ruta de novo anque pasaches por alto que o "merlo Blanco" tiña un lesion bastante considerable no seu pe dereito. De todas maneiras quedou claro quen liderou a subida os viraventos, vemonos na proxima, saudos

    ResponderEliminar
  2. jajajaja y jajjaja me rindo ante ti sr.agra eres un puto crak si señor vaia cronica esto vai entrar nos anales dos campeiros e eu tamen creo que algo de venganza raposeira si que hay no noso mirlo blanco o dito da gusto sair con xente coma vos do primeiro o ultimo e falta o Andres que nesta ocasion non puido vir pero pronto o fara bueno o de reventar coma uha cañota vella facia moito que non o escoitaba e oscar eres un fenomeno e si e verdade que tiñas o pe bastante morado pero enton por que entrache o trapo na subida os viraventos venganza creo eu pois eso e o que se lle pde a un campeiro ser un pouco falso picon a toda cousa que se mova o seu arredor sea ciclista conexo ou raposo juas juas juas.

    ResponderEliminar
  3. Vaia talento literario si señor !!!! que metafora a da "cañota vella".....sodes uns cracks e intentando ser o mais obxetiva posible direivos que visto dende fora dades unha envidia moi sana, seguide asi nenos !!!
    Tou pensando en propoñer abrir un club de fans e todo...jejeje

    ResponderEliminar
  4. Lore tes toda a razon ten moito talento literario. Ainda vamos ter que publicar as suas cronicas nun libro, pero de vez en cando fai algunha cronica sesgada e tendenciosa con animo malevolo e de hachazo...

    ResponderEliminar
  5. Queixaraste ti follones, que nas duas ultimas levas todalas flores ... apuntado queda, deixa che xa che cambiarei o rol, de heroe a villano nun plis-plas...

    ResponderEliminar
  6. Pa que despois digan....quen ten a pluma ten o poder !!!! jejeje

    ResponderEliminar
  7. no lore tes un pequeno cacao na tua cabeziña o que ten pluma din que e gay e creo que agra o que se di pluma pois non ten jajajajaja

    ResponderEliminar