jueves, 30 de septiembre de 2010

Rematando Setembro e seguimo-lo pique ...

Na tarde deste pasado luns os integrantes de enbuscadoscampeiros saímos denovo a carretera para afrontar unha unha nova saída na que se ian a descubrir varios aspectos de moito interés de cara o transcurso de futuras saídas; tales como que ... :

A Fernando tamen lle doen as críticas que viña tendo dende as duas derrairas saídas que nunca tanta excusa foi boa e onte pagamolo nas nosas pernas especialmente tanto Andrés coma eu mesmo...

Andrés con tanto cambio de bici non ten continuidade de pedaleo e estaría ben que puidese optar a ter unha mellor montura para dar todo o que leva dentro...

Xavi o mais correcto ata o día de onte, non lle doian prendas en baixalo ritmo e botarlle unha man o compañeiro que viña floxeando ... na tarde do luns entrou a trapo na estratexia de Fernando de tirar a morte sen escatimar esforzos para deixarnos solos na metade do recorrido...

Agra, a pesares de pasalo mal na subida principal cara Busto de Frades chega o cumio por diante do seu mais directo rival; ó cal non tivo prendas de espellarlle para facer o resto da etapa xuntos cando de súpeto lles chegou a demarraxe dos que se presumian de ser mellores compañeiros...


Reunímonos denovo en Negreira; Andrés, Fernando, Xavi e Agra; o percorrido que nos esperaba escomenzaba saindo da vila e collendo a estrada AC-5602 dirección PonteNafonso, lévanos deixando atrás a Gandara, Gonte ... ; dende un principio ponse na cabeza do grupo Fernando que vai poñendonos un ritmo exixente con vistas a pasar-nos factura mais tarde, logo duns primeiros 9 km rompepernas de continuas baixadas e subidas exixentes collemos en Liñaio o desvio que nos deixa a rás do encoro de Barrie de la Maza.
Dende aqui e tal como reflexa a seguinte presentacion de fotos tiñamos unha subida complicada, 5 km de continuo ascenso con un só descanso intercalado e con unha porcentaxe media quizais demasiado elevada para a nosa preparación actual, sen falar dos porcentaxes máximos que nos iamos atopar sendo mais próximos os pirienos ca dos montes galegos que nos ían poñer no sitio a cada un de nós...

Escomenzamos a subida sempre con Fernando e Xavi subindo a ritmo diante, Andrés mais Agra viñamos por detras a escasos 10m. deles sempre subindo mais apurados de folgos e xustos de forzas nestas primeiras rampas que se moven en porcentaxes entre o 6-10%. Chegamos A Graña que nos dá un descanso de 400m. collendo xa o desvio para Busto de Frades, onde realmente empeza o duro da subida e a primeira rampa xa na frente 12% - 14% - 17% por momentos, cada un aguantaba como podia encima da bici para non pinzarse e zigzageando fomos subindo cada quen o seu ritmo. Por diante seguian Fernando e Xavi, quedabase 25m. Andrés e a escasos 10m. deste viña Agra aguantando o tipo nunha tarde que tocou sufrir nestas rampas complicadas. Os primeiros fan unha pequena parada para agruparnos un pouco; continuamos subindo logo da unificación e o remate da subida coroa Xavi de primeiro por diante de Fernando demostrando ambolos dous estar un par de ptos. por riba dos demais, de terceiro chega Agra e con tempo perdido e bastante tocado ven o Andrés que hoxe si que sudou o seu...

A baixada cara San Xusto é rapida e demasiado corta para todo o sufrido con antelación e pronto chegamos a intersección da AC-543 Santiago-Noia e denovo un treito de subida sendo o momento crucial da etapa, Fernando leva as costas a Xavi e ambolos dous poñen un ritmo elevado sendo os primeriros en chegar o alto de Fontefría, Agra ven por detras e antes de coroar ainda os ten a vista pero xa a 200m. por diante, por atrás ven Andrés que verdadeiramente hoxe estao a pasares mal, cando ambolos dous contaban con unha proxima agrupacion damonos conta que os dous escapados non baixan ritmo e seguen abrindo distancia, en Martelo nin sequera se ven na distancia e Agra non ten mais remedio que facer equipo e ir  marcandorle un ritmo comodo a Andrés; e ir levando-lo resto da etapa o mellor posible ambolos dous.


Por diante a parexa de escapados non disputa a etapa, en cordial armonia "guay" chegan en solitario a Negreira consolidando a alianza dos mais fortes que a boa fé dará mais que falar e completará fururas liñas neste blog que cada día se presta mais o analise das actitudes dos detractores da arte do "hachazo" e non polo contrario son dos menos practicantes do feito en sí.

viernes, 24 de septiembre de 2010

Saímos os camiños ...

Este pasado martes decidimos facer unha nova saida, a ruta era seguilo Camiño de Santiago na sua variante que leva os pelegrinos dende Negreira ata Fisterra, en canto a nós como se trataba dun terreo no que non estabamos acostumados a facer kms non nos propuxemos un pto. de retorno xa que por cuestions do traballo diario nos era imposible facer todo o traxecto oficial na mesma tarde e voltar en condicións; polo tanto decidimos tirar ata que chegado a un punto e hora nos dese tempo a voltar por carretera.

Sobre as 16:30 H. quedamos en Negreira para escomenza-la ruta dende esta localidade, alí nos presentamos Andrés, Fernando, Mikel, Jorge un amigo de Fernando que nos sirveu de improvisado camera durante un bo treito do camiño e que xa se unirá o grupo en posteriores saidas; mais este que vo-lo conta..



Tiñamos entorno os 26º C o cal podiase convertir xunto coa falta de rodaxe polos camiños nunha dura proba que estabamos dudosos de poder superar con exito. Saimos da vila buscando xa os inicios do camiño, nada mais colle-lo nos mete nas sombras do monte que nos ian resguardar do calor da tarde, continuas subidas con rampas duras pero cortas facían que o grupo fose en fila cun bo ritmo, enbacezado case sempre por un non habitual neses menesteres, Andrés viña con gañas de reventar a algun do grupo neses primeiros kms saindo o final dos camiños cunha media de 15 km/h... pero as cousas non son como parecen e non por empezar forte acabas igual, desa forma a escasos 10 km para chegar a Negreira e so para calar bocas Agra aprobeita un repeito e arranca poñendo un forte ritmo que so Mikel lle consegue segui-la roda sendo capaces ambolos dous de chegar a Negreira en solitario e con tempo dabondo para disputarse a victoria; Mikel é mais rápido e consegue gaña-la etapa o sprint...

So unha pequena reflexión para non cansar a ninguén; como se dice, " do dito o feito hai un bo treito"; sempre saímos coa proposta de sair tranquilos e aprobeitalo día para disfrutar de  andar na bici, pero sempre nos sae esa vena tronzadora de querer sacar de punto os demais ou a algén en concreto pero da igual, por unhas  causas ou por outras agora xa ningén está na forma daquel 7 de Xulio  pasado cando dabas catro pedaladas e quedabamos 3 detras, levamos feitos  alguns km e queiramos ou non polo menos vannos para o corpo e pouco a  pouco imos notando melloría; polo que dende aquí instovos a cambialo  chip e non andar en todalas saídas querendo sacar as debilidades dos  demais, saimos a disfrutar e sufrir do feito de andar na bicicleta porque un día malo pode telo calquera e hoxe pode tocarlle a " xan e mañan a perican".



Paisaxes verdadeiramente fermosos polos que discurre este camiño Finisterrae dos cales puidemos apreciar ben poucos debido o ritmo que se marcaba dende a cabeza do grupo, esperemos ter a oportunidade de poider facer esta ruta noutra ocasion de mais de vagar; estaría ben concebir unha futura saída para realizala nun día enteiro que nos daría tempo suficiente para o percorrido completo, facer unha comida na vila do fin do mundo e voltar en coche xa o remate do día, sen presas e poder disfrutar dos paisaxes que nos ofrece esta variante do Camiño de Santiago.

domingo, 19 de septiembre de 2010

A ruta mais longa

Este pasado venres 17 quedamos as 16:00 h. no parking das piscinas do milladoiro; houbos que tiñan presa: Fernando e Andres xa estaban prestos e dispostos antes da hora establecida, este que vo lo conta acude puntual como é menester e Xavi xa trae demora duns minutiños pero é que ó Mikel tivemos que darlles unhas perdidas por mor de que se quedara "dormidito" logo do postre facendo a dixestión...
Logo de estarmos todos, Mikel trainos un agasallo, tratase dunha minúscula camara para ir recollendo esceas da saída do día, decidimos colocala no manillar da bici de Fernando que para algo é o que está en mellor forma, temolo como ós das motos da volta ciclista...


Cruzamo-lo Milladoiro e saimos cara Teo, seguimos baixando rápido pasando por Luou e collemos cara A Ramallosa, imos rodando agrupados ainda que sempre tirando do grupo Agra e Fernando, dende A Ramallosa por carretera boa collemos unha baixada rapidisima (78 km/h) que nos deixa en Puentevea ás veiras do Rio Ulla, moi preto do Xirinbao que imos deixando atras mentras vamos subindo de paseniño unhas rampas levadeiras deixando ás nosas costas Valiñas, Sinde e Pousada; cando empezabamos co tramo da subida mais en costa decidimos baixar para ve-las vistas a carón do Ulla dunha minipresa que vemos dende a carretera. Seguimos subindo e coroamos sen demasiada presión o Alto de Herbón que na baixada nos deixa no por todos coñecida poboacion por excelencia productora de pementos da zona, poucos kms mais alá xa estamos dentro do casco vello da vila padronesa que nos serve de atallo para cruzar o outro lado e escomenzar a subir cara Rois, nesta localidade xa levando cerca dos 40 kms nas pernas xúrdenos a dúvida de seguir pisteando cara Bastavales - Brión ou intentar a ascension cara Urdilde. Nun acto de generosidade Fernando toma a iniciativa e metenos po-lo cruce que nos levará 10 km continuados de ascensión, os primeiros son levadeiros con porcentaxes entre 2-4 % con algun descanso que outro pero así e todo a media diaria que viñamos traendo era bastante alta; 22,80 km/h de promedio que nos facia ter unha dor de pernas de continuo. Cando faltaban escasos 4 km para Urdilde as rampas levadeiras convírtense en porcentaxes duros e curvas ó mais estilo Mortirolo de 180º enlazando de duas en duas, ese tipo de reviravoltas que non podes coller po-lo interior xa que resulta excesivamente dura e teste que ir abrindo a medida que da-lo vertice da curva, chegamos a subir unha pendente do 12% nun tramo curto pero moi exixente que por fin nos dou un descansiño a un kilometro escaso de Urdilde.
Baixando rápido como acostuma Agra escapa do grupo cara Bertamirans e logo dun incidente cun cadelo que se lle cruza ó grupo perseguidor producese a unificación na subida cara Aldea Nova. No treito de Roxos e posterior subida para a Papeleira de Brandia cada un vai tirando ó seu ritmo, xa con gañas de chegarmos denovo ó Milladoiro; logo de 63km en 2h50' traemos uns nada desdeñables 21,55 km/h de promedio.



Como resumo da saida decir que é una recorrido óptimo para sair a facer kms, sempre por carretera boa que nos permite chegar a medias altas e con subidas nun principio levadeiras para logo te-lo colofón na subida a Urdilde dende Rois, que nos da ese punto de dificultade que nos ben de pinga para deseguir co desenrrolo do entreno de cara ó final de tempada estival.

martes, 14 de septiembre de 2010

Primeira saida de Setembro

Eran as 11:30 da mañan cando nos reunimos en Aguapesada os tres valentes que puidemos atrevernos a facela subida do que Xavi nos relatara como a subida ao inferno...

O Mikel e Xavi xa viñan cuns kms nas pernas dende O Milladoiro, eu tivera que dar un rodeo para chegar dende Brion por mor dun desvio que non coñecía. Cando cheguei onda eles e vin o Mikel que se poñía a pañueleta tal cual "pirata" pensei que de seguro tocaba sufrir polos catro costados. Empezamos a subir cara Tapia por carretera boa e unha porcentaxe levadeira que nos sirveu para ir quencendo musculos e facendonos a idea do que se nos ía deparar logo do cruce da Iglexa de Tapia, cando chegamos tomamos un descanso vendo de primeira man as primeiras rampas que nos facian acongoxarnos ainda mais.
Saímos para arriba e xa lle metemos desarrolo a bici, as primeiras rampas do mais tendido que podades encontrarvos por esta zona, un 14% marcaba nada mais sair; eses 2 km. serian unha proba de esforzo do mais completa.
Paseniño seguiamos ascendendo e cada vez mais pronunciado era o esforzo e o sufrimento que na bici iamos padecendo, un pequeno descanso...escasos 200 m. nos que a porcentaxe baixaba a un 6% e denovo tendía o asfalto cara o ceo despexado. O lonxe unha recta duns 800 m. que nos dislumbraba un remate agonico cando as forzas xa non permitian un triste alento de mais.
Logo de tanto sufrimento daste conta do bonito que é alcanzar obxetivos; este era un reto que tiñamos que superar para deseguir progresando no desenrrolo das nosas capacidades.


Presiosas vistas dende o alto que pronto deixamos atras nunha baixada rapida hacia Cortegada, logo duns falsos llanos chegamos á Ameixenda, tomamos dirección Santiago e ó chegar a recta de Vrins desviamonos para baixar esta tamén complicada rampa a carón do Monte Pedrouso. Seguimos baixando alegremente pasando por Filgueiras e saindo a carretera Noia-Santiago xusto a carón da Papelera de Brandía.



Tocaba despedirse e xa nos emplazabamos para a seguinte, Xavi e Mikel collian cara Santiago e eu voltaba por carretera boa para Brion.