Este pasado mercores aproveitando estas tardes primaverais que estabamos a ter quedamos un servidor mais o Andreu en sair a facer un pouco de MTB, eso si, sana Mountain Bike...
Decidimos sair cedo xa que tiñamos quenda de noite no traballo e xa se sabe que coa nosa idade pare esos menesteres e propicia unha boa sesta para afrontar en condicións a madrugada. Entorno das 15:00h. nos vimos a carón do C.I. e comenzamola ruta paralelos as vias polo Castiñeiriño, logo pasamos por Sar e a caron do multiusos empezamos a subir por Viso, entabamos nos camiños que nos ian levar ata o Monte do Gozo. Xa arriba unha baixada rapida con dirección a Arines donde xa non abandonariamos os camiños de terra ata ben abanzada a ruta. As pistas sempre ben asfaltadas dabanlle a saida ese punto de tranquilidade que marcaba o Andreu co seu pedaleu acompasado, bo coñecedor da ruta xa que aparte de varias ocasións que xa a fixera en solitario, o ano pasado trouxo a varios campeiros por estas terras.
O Agra, conformabase con seguir o ritmo sosegado de Andreu que lles permitia a ambos a comentar outros temas que non veñen o caso nesta cronica pero ben todos podemos supoñer de quen nos acordarnos...
A parte mais complicada da xornada viña os pes da ponte do ave que por un camiño empedrado nos ia levar a subila ladeira para rematar por enrriba de dita constucción varios kms mais adiante, toda unha sorpresa.
Pouco despois naquel noutro momento jocoso por se sairen da calzada dous campeiros despistados non ocasionou desta volta mais complicacións por seren os presentes do melloriño nos descensos complexos da nosa orografia.
Voltamos cara Santiago con 32kms percorridos xa polo camiño peregrino que entra na capital dende o Castiñeiriño e de volta a carón da via do AVE, deserta polo momento nestes tempos complicados que nos toca padecer.
Acompañamos esta escueta cronica cun pequeno video que traemos gracias a doazon temporal do compañeiro Carlos dunha mini cámara de video que nos acompañou desta volta....
En busca dos campeiros
domingo, 4 de marzo de 2012
lunes, 5 de septiembre de 2011
Primeiro aniversario en fotos...
Desta volta traio so unha recopilacion das fotos deste primeiro ano dos campeiros, espero que vos guste e que non sexa a derradeira iniciativa que saia dos campeiros...
domingo, 14 de agosto de 2011
A bola do mundo
Meus ben queridos campeirans, volvemos o hábito das cronicas nesta nova tempada estival xa que dende que o “follones” se nos meteu na política parece que lle chegaron os tempos da crise tamen o grupo dos campeiros, as saídas fanse mais esporadicas e o que resulta mais frustante ainda; cada vez menos numerosas.
Nin por asomo me vou considerar salvador de nada nin de nadie, esta claro que cada un de nós fora do traballo que compartimos temos unha vida a cal nos debemos por encima do ocio que nos une nas bicicletas, sen embargo noto certa deixadez a hora de quedar a programa-las saidas e que non se fai xa coa ilusión co que faciamos antaño. Pero bueno todo será botarlle un pouco mais de gañas, tirar de verborrea escrupulosa e mandar pullitas varias para que a cada un lle doia a sua honrrilla persoal e se sinta aludido, sempre con bo senso por suposto e en defensa to “talante solidario” que sempre nos caracterizou a este afamado e vanagloriado grupo...
Desta volta éramos tres os aguerridos que nos atrevemos a sair con semejante dia de calor como foi o que tivemos este pasado xoves, cando a xente normal no seu tempo libre se dirixe en dirección a calquera das numerosas praias que temos polas nosas costas galegas, estes pringados dos campeiros quedamos as 16:00 h. no CHUS compostelano, para escomenzar ruta polo camiño de Finisterre que sae da capital de Galiza en dirección o municipio de Ames, nestes primerios kms o camiño protexia o grupo coa vexetacion do monte autóctono. Chegamos a Ames donde na sua parroquia de Augapesada nos iamos atopa-la primeira dificultade seria da xornada, entorno a 220 m. de ascensión en escasos 1500 m. con rampas moi complicadas que conseguiron disgregalo grupo, como xa ven sendo habitual neste tipo de terreos Oscar desmarcase por diante do Andreu aprobeitando a boa tracción que lle ofrecia o camiño as veces adoquinado, sen caer na conta que o peor ainda estaba por vir. Ambo-los dous esperan un ratiño no alto a que apareza o Agra entre as sombras do monte e de volta os tres campeiros nos diriximos hacia Trasmonte, onde deixamos a un lado o camino de Fisterra e nos desviamos hacia Tapia por carreiros e corredoiras.
A carón da praia fluvial valoramos facer a primeira parada entre bikinis e topless ou o carón dunha igrexa que nos daría unha sombra megalitica ?, por desgracia escolleuse a peor opción. Logo desta debota e desafortunada decisión retomo-la ruta e pronto escomenzamos a subir denobo por camiños polvorenos e con un firme inestable que logo das primeiras pedaladas levaron o mosquito o chan empocandolle o seu impoluto cueiro (pena dunha bosta fresquiña), anécdota que nos levou a botar unhas risas e con moito pesar de non poder retrata-lo percance. No doblar das 17:30 h. continuamos subindo cara Ameixenda, Oscar co seu habitual atrancado pedaleo e culotte empocallado pouco se distancia do Andreu que levaba unha cadencia mais alegre fruto da experiencia que atesoraba por sela cuarta vez que subia polo sitio. Por detras Agra nun xesto solidario co grupo e vendo os incidentes que se viñan producindo toma a sempre díficil desición de afloxa-lo ritmo para poder socorrerlle os compañeiros en calquer incidente que se puidera producir. A deus gracias continuamos a ascension ata Ameixenda sen mais incidencias tendo que esperar os demais por un servidor, o cal en mais dunha ocasión se somete as críticas do grupo pola saúde dos campeiros (que bonito me quedou, mi madre..)
Quedabannos menos de dous km para coroar o Mercuto, ningún coñeciamos estes derradeiros metros que sorprenderon pola extremada dureza, sobre todo unha zona de viravoltas que chegou a marcar un 21% de pendiente, o terreo era faborable para Oscar e así o demostrou chegando en solitario a “ bola do mundo”, denovo Andreu marcou un digno segundo posto e Agra acadou o seu proposito de conseguir chegar ata o cumio nun honroso terceiro lugar...;-)
O retorno a Compostela ía traer sorpresas varias o grupo dos campeiros, arriscando as veces na baixada Agrá consegue uns valiosos metros de vantaxe e sae de primeiro a estrada xeral Portomouro-Santiago, lonxe de afloxalo ritmo abre unha fenda mais amplia que so Oscar consegue recortarlle nun repeito do traxecto. Por detras quedase Andreu con sintomas claros de fatiga que o castigan nos derradeiros kms. Que o deixan sin opción algunha de cazar os que íamos por diante.
Oscar tenta chegar en solitario aproveitando varios repeitos, desta volta non lle vai ser tan doado; buscouse un mal enimigo xa que Agra coma bo rodador que é saca todo o que leva dentro e un pouco mais; conseguindo cazalo mosquito a altura da Pelegrina, distanciandose-lle uns metros por diante o cal lle fire no orgullo de Oscar que o levan a realizar maniobras arriscadas e inusuales no seu comportamento sempre prudente ( impetuoso nas baixadas, adiantando autobuses urbans, etc … ), servindolle de ben pouco xa que desta volta non consegue o ansiado primeiro posto que este que volo conta “ va y se lo papa “.
Así pasamos unha tarde calurosa que nos deixou un agradable benestar, sabendo todos da dureza que viñamos de pasar quedamos con gañas de algo mais, lastima das repetidas ausencias que nos ofrecerian un puntiño mais de animo e competividade no grupo que de verdade “vos” botamos en falta.
Fungueiro no cú
PD: Vendese bicicleta B-PRO ou cambio por vallas de cierra para finca. Poucos kms por falta de uso e webetes. Adxuntase bote de 3en1 para feruxe.
domingo, 7 de agosto de 2011
A lo vai un ano
Boas a todos camperios, como di o título de esta crónica a lo vai un ano da creación de enbuscadoscampeiros. Aínda que este blog non cumpliu o seu primeiro ano, os campeiros si, se mal non recordo o seus inicios datan do mes de xullo do 2010. E para celebrar dito evento, de que mellor xeito que recorrer unha ruta de monte, de 62 km, director do traxecto o Andreu
A fecha elixida o día 5 de agosto, en principio por calendario de traballo, poderíamos asistir todos, menos o Nando, que tiña quenda de tarde, amigo Nando, desta librácheste das criticas, que vou a comezar a repartir.
Pois como antes mencionaba de cinco dispoñibles, so asistiron a cita tres como ven sendo costume ultimamente. Como non o director do evento Adreu, non podería faltar o fundador do blog e en varias ocasións cronista campeiro Agra, e o intégrate máis novato no grupo O Llanero Solitario (bautizado por Adreu), referíndose a Follo, tamén cronista en ocasións como esta.
Falemos das ausencias, campeiro Domi, seica desde que tes esa flamante Giant, cambias os percorridos campeiros por rutas de asfalto, coidado cas faltas de asistencia, sabes que a cabeza non para, e escoitouse algún ruxe, ruxe... Algún vota en falta esas doses de estílismo que te caracterizan, incluso teñen envexa (creo que sa) e falan de mercar unha nova maquina de estrada, mais adiante volverei sobre este tema.
Compañeiro de quendas e campeiro Mikel, que pasa, din que estas fondón, de que a B-pro ten máis ferruxe que un arado de ferro. Espero non ter que volver manifestar o que manifestei no seu dia, do que pretendía ser campeiro, “non esta nin se lle espera”. xa non hai escusa que valga, a finca esta pechada, se temos que esperar a que fagas a construción ilegal a o Agra dálle algo, esta deseoso de poder darche o hachazo, por unha vez fai realidade os seus sonos.
Entramos en materia, saída as 16 horas dos CHUS, subida camiño Casas Novas con dirección A Granxa do Xesto, pola vertente oeste do Pedroso. Subida que xa deixa tocado o campeiro Agra. Seguimos dirección a Peregrina, continuando todo por monte ata a localidade Orosana, onde facemos a única parada para coller folgos e repoñer forzas, na area recreativa da Illa de Sigüeiro. Bonito lugar e boas vista de fauna e flora... Unha vez rematada a merenda, temos que intentar como sexa levantar o campeiro Agra do banco no que estaba estomballado, por moito que Andreu lle repetía que xa quedaba pouco non recobraba folgos, hasta que divisa a dúas aves “rapazas” dispostas a darse un baño, man de santo, volve en si.
Dada tal milagre o director da ruta, decídese por levarnos ata o Concello de O Pino, polos montes da parroquia de Castrofeito, e xa na altura do aeroporto collemos o Camiño Fraces con dirección monte do Gozo, onde tamén inmortalizamos o momento. E pouco despois chegada o punto de partida.
Neste punto da crónica voume tomar a vontade de facer unhas valoracións do rendemento, dos campeiros asistentes a esta ruta, e tamén dos non asistentes.
Vai a lo máis dun ano e sempre e bo ter unhas avaliacións tan de moda ultimamente.
Andreu como xa che comentaron os toupos, non hai moito manifestei que por moito que adestres chegaches o teu tope, igual estou equivocado, non desistas, iso si, a próxima ruta lévanos a explorar novos recunchos, o mundo non acaba en Sigüeiro, hai rutas máis aló.
Agra contigo vou a ser un pouco Risto Meijide, para que cárrallo queres unha bici de estrada, se non das movido os desenrolos da Montain Bike, se queres imitar o Domi, gasta o cartos nun médico endócrino, senón fala co teu compañeiro de quendas, que te asesorara na dieta dos Chuletóns e Gin Tonic. E se queres subir o Coto avisa e subimolo duas veces o mes.
Violento Domi, segues a ser o mais estíloso dos Campeiros, xa o dixo no seu día o espelliño de Agra. Deixa o asfalto e volve o monte cos Campeiros, as saídas de vía tamén se poden dar na estrada. No monte sempre terás, algún disposto a darche o hachazo.
Campeiro Nando, acabas de vir dunha temporada sabática, despois da túa lesión, non podo valorarte a fondo, dicirche que te estou esperando, para medir forzas.
Desaparecido Mikel, se queres aceite de engrase para a ferruxe, como bo compañeiro préstocho, colle dunha vez a bici e ponte as pilas, acabáronse as escusas, na próxima saída a expectativa vai estar entre ti e o Agra. Ese seria o golpe de efecto que necesita para seguir a pensar que mellorou algo. Menos mal que colaboraches en algunha que outra acertada suxerencia para esta crónica. Pero non so de comentarios vive o campeiro.
Follo como cronista non podo resaltar o meu rendemento, non seria ético, espero que nos vosos comentarios me xulgedes obxectivamente. Estou seguro de que asi sera.
Pois nada mais, espero ter sen moita demora outra saída, lembrade que temos pendente a ruta Melide-Santigo, e o veran esta a rematar.
P.D. Esquecíame do Manager Team..... VIVA O GIN TONIC.
Saúdos. Follo.

jueves, 7 de julio de 2011
Por fin de novo unha saída campeira seis de Xullo de 2011.
Si meus amigos campeiros o título desta crónica ben dado por varios motivos. Un deles e que igual, nos convén recordar a todos, que pasaron mais de catro meses sen unha saída. Menos mal que o noso campeiro Agra con axuda de algún que outro campeiro, retomaron en serio o das saídas campeiras. Outro motivo e que o trazado desta ruta e campeiro o cen por cen, sendas e carreiros polas beiras do rio Ulla no concello de Touro, como ben dixo algún, a ruta mais fermosa percorrida ata o de agora. E outro motivo, e non menos importante, o avituallamento que debe acompañar o final a cada ruta, que cárrallo e iso de marchar a lume de carozo para casa sen tomar unhas claras.
Vamos a describir o que deu de si esta ruta. Saída as 16:00 horas puntualidade británica por parte de todos os participantes que nesta ocasión so van ser tres valentes campeiros. Agra, Domi e Follo. Ausencias destacables coma sempre algunha xustificada, e algunha outra nada de xustificación cada un que entenda o que queira…
Punto de partida diante da que foi no seu día a catedral do Folclore Galego, tempos nos que se emitía en directo o programa Luar, falamos da afamada sala de festas “Dona Dana” de Touro.
Unha vez enriba das bicicletas, comézamos a dar pedais, polo trazado da “II BTT Rio Ulla Concello de Touro”. Nesta ocasión cabe sinalar a gran axuda do pedazo GPS que estreaba o noso campeiro Agra. E a nova vestimenta que estreabamos algúns, dende aquí quero dar as grazas o noso patrocinador, pois mais vale tarde que nunca.
Os primeiro quilómetros tras corren por monte pero con algunha subida considerable, que nos axudaban a ir quentando as pernas. Pois uns quilómetros máis abaixo xa nos arrefriaron algo mais que a pernas, cando nos toca cruzar uns quince metros do rio Lañas. O peor aínda non foi cruzar o río campeiros, o pero foi que tocou facer o resto da ruta cos pes mollados e cheos de lama e terra.
Desde este punto o trazado da ruta, tras corre pola marxe do rio Ulla, con monte totalmente autóctono galego e algunha que outra chousa chea de sobreiras, camiños de carro, sendas de pescadores, tupidas carballeiras e perdidas ouriceiras. Estamos a falar dunha fermosa e importante paisaxe natural que remata no remanso que forma o coñecido Pozo do Pego, parroquia de Fao a miña terra. Este tramo e o máis duro da ruta, pois máis de dúas e tres veces hai que votar pe o chan, tanto subindo como baixando, preguntádello o noso campeiro Domi estivo a punto de facer outra acrobacia, e Agra freou a tempo para non caer no pozo, Follo tamén e mortal e mais dunha vez tivo que carrexar ca súa BTT.
Xa na parroquia de San Pedro de Ribeira, decidimos cambiar o trazado. Unha subida matadora de dous o tres quilómetros por asfalto que nos levan a parroquia de Loxo, e aínda que o que escribe queira subir o Coto, decidiuse deixalo para outra ocasión. Xa no punto de partida e tras recorrer trinta e pico quilómetros decidimos como debe ser, tomar unas claras fresquiñas. Pois nada máis campeiros isto foi o que deu de si o día, pasámolo moi ben e benvidas de novo as Rutas Campeiras.
Follo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)