Meus ben queridos campeirans, volvemos o hábito das cronicas nesta nova tempada estival xa que dende que o “follones” se nos meteu na política parece que lle chegaron os tempos da crise tamen o grupo dos campeiros, as saídas fanse mais esporadicas e o que resulta mais frustante ainda; cada vez menos numerosas.
Nin por asomo me vou considerar salvador de nada nin de nadie, esta claro que cada un de nós fora do traballo que compartimos temos unha vida a cal nos debemos por encima do ocio que nos une nas bicicletas, sen embargo noto certa deixadez a hora de quedar a programa-las saidas e que non se fai xa coa ilusión co que faciamos antaño. Pero bueno todo será botarlle un pouco mais de gañas, tirar de verborrea escrupulosa e mandar pullitas varias para que a cada un lle doia a sua honrrilla persoal e se sinta aludido, sempre con bo senso por suposto e en defensa to “talante solidario” que sempre nos caracterizou a este afamado e vanagloriado grupo...
Desta volta éramos tres os aguerridos que nos atrevemos a sair con semejante dia de calor como foi o que tivemos este pasado xoves, cando a xente normal no seu tempo libre se dirixe en dirección a calquera das numerosas praias que temos polas nosas costas galegas, estes pringados dos campeiros quedamos as 16:00 h. no CHUS compostelano, para escomenzar ruta polo camiño de Finisterre que sae da capital de Galiza en dirección o municipio de Ames, nestes primerios kms o camiño protexia o grupo coa vexetacion do monte autóctono. Chegamos a Ames donde na sua parroquia de Augapesada nos iamos atopa-la primeira dificultade seria da xornada, entorno a 220 m. de ascensión en escasos 1500 m. con rampas moi complicadas que conseguiron disgregalo grupo, como xa ven sendo habitual neste tipo de terreos Oscar desmarcase por diante do Andreu aprobeitando a boa tracción que lle ofrecia o camiño as veces adoquinado, sen caer na conta que o peor ainda estaba por vir. Ambo-los dous esperan un ratiño no alto a que apareza o Agra entre as sombras do monte e de volta os tres campeiros nos diriximos hacia Trasmonte, onde deixamos a un lado o camino de Fisterra e nos desviamos hacia Tapia por carreiros e corredoiras.
A carón da praia fluvial valoramos facer a primeira parada entre bikinis e topless ou o carón dunha igrexa que nos daría unha sombra megalitica ?, por desgracia escolleuse a peor opción. Logo desta debota e desafortunada decisión retomo-la ruta e pronto escomenzamos a subir denobo por camiños polvorenos e con un firme inestable que logo das primeiras pedaladas levaron o mosquito o chan empocandolle o seu impoluto cueiro (pena dunha bosta fresquiña), anécdota que nos levou a botar unhas risas e con moito pesar de non poder retrata-lo percance. No doblar das 17:30 h. continuamos subindo cara Ameixenda, Oscar co seu habitual atrancado pedaleo e culotte empocallado pouco se distancia do Andreu que levaba unha cadencia mais alegre fruto da experiencia que atesoraba por sela cuarta vez que subia polo sitio. Por detras Agra nun xesto solidario co grupo e vendo os incidentes que se viñan producindo toma a sempre díficil desición de afloxa-lo ritmo para poder socorrerlle os compañeiros en calquer incidente que se puidera producir. A deus gracias continuamos a ascension ata Ameixenda sen mais incidencias tendo que esperar os demais por un servidor, o cal en mais dunha ocasión se somete as críticas do grupo pola saúde dos campeiros (que bonito me quedou, mi madre..)
Quedabannos menos de dous km para coroar o Mercuto, ningún coñeciamos estes derradeiros metros que sorprenderon pola extremada dureza, sobre todo unha zona de viravoltas que chegou a marcar un 21% de pendiente, o terreo era faborable para Oscar e así o demostrou chegando en solitario a “ bola do mundo”, denovo Andreu marcou un digno segundo posto e Agra acadou o seu proposito de conseguir chegar ata o cumio nun honroso terceiro lugar...;-)
O retorno a Compostela ía traer sorpresas varias o grupo dos campeiros, arriscando as veces na baixada Agrá consegue uns valiosos metros de vantaxe e sae de primeiro a estrada xeral Portomouro-Santiago, lonxe de afloxalo ritmo abre unha fenda mais amplia que so Oscar consegue recortarlle nun repeito do traxecto. Por detras quedase Andreu con sintomas claros de fatiga que o castigan nos derradeiros kms. Que o deixan sin opción algunha de cazar os que íamos por diante.
Oscar tenta chegar en solitario aproveitando varios repeitos, desta volta non lle vai ser tan doado; buscouse un mal enimigo xa que Agra coma bo rodador que é saca todo o que leva dentro e un pouco mais; conseguindo cazalo mosquito a altura da Pelegrina, distanciandose-lle uns metros por diante o cal lle fire no orgullo de Oscar que o levan a realizar maniobras arriscadas e inusuales no seu comportamento sempre prudente ( impetuoso nas baixadas, adiantando autobuses urbans, etc … ), servindolle de ben pouco xa que desta volta non consegue o ansiado primeiro posto que este que volo conta “ va y se lo papa “.
Así pasamos unha tarde calurosa que nos deixou un agradable benestar, sabendo todos da dureza que viñamos de pasar quedamos con gañas de algo mais, lastima das repetidas ausencias que nos ofrecerian un puntiño mais de animo e competividade no grupo que de verdade “vos” botamos en falta.
Fungueiro no cú
PD: Vendese bicicleta B-PRO ou cambio por vallas de cierra para finca. Poucos kms por falta de uso e webetes. Adxuntase bote de 3en1 para feruxe.
Boas a todos campeiros, campeiro Agra, menuda crónica máis descafeinada, e despois fala o Andreu das miñas pois que as valore el....
ResponderEliminarIso si resaltas emporcallamento do meu cueiro, pero olvidaste de comentar, que tal incidente comenteino eu mesmo, porque nin ti, nin o Andreu o vistes, tiven tempo de sobra para levantarme, sacurdir o po do cu lote e poñerme en marcha sen que ninguén se percatase do incidente... Para retratar tal percance tiñas que mexar moita mais Pesicola da que mexaches ese día.
Outro tema a chegada a Santiago, aquí teño que darlle as grazas o campeiro Andrés, e dirás ti porque. Tan pronto baixamos do monte mercuto e na incorporación a estrada, nesa curva perigosa, tiven que esperar a incorporarme a mesma, e grazas o Andreu, porque eu non tiña visibilidade e ía circulando en dirección contraria, o bo campeiro, doume as indicacións oportunas para incorporarme sen correr riscos. Mentres outro tirou pa diante coma un lostrego, e despois presumes que te sometes as criticas
pola saúde dos campeiros ja.ja.ja. E aínda así te pillei e chegaches uns dez metros por diante po lo que xa che comentei. Pero como ben di algún campeiro iso foi como ti viches a xornada
AS EXCUSAS QUERIDO FOLLO SON COMA O CU TODO O MUNDO TEN UN!! O DA FOTO CA VENTA DA BICI COMO DIRIA O ANUNCIO NO TIENE PRECIO JAJAJAJAJAJA.MOI BO DE VERDADE EU EMPEZARIAME A PREOCUPAR QUERIDO FOLLO.......VEIRAS
ResponderEliminarFollo; o exito non se mide en metros, so o leva quen cruza de primeiro a liña, o segundo non deixa de ser xa o primeiro dos perdedores, desta volta non vou ser eu quen diga que mordichelo polvo xa que como ti ben confesaches levavalo todo no cuiño...
ResponderEliminarPor certo, na curva da saida a carretera xeral fun o primeiro en avisarvos que viñan coches e tiña mais gañas de que me colleras das que ti pensas...
Non che ven mal baixarte de vez en cando da nube porque xa me parecias un anxiño.
Saudos campeiros.
Tes razon Nando as escusas son como dis, ti deso sabes bastante. Agra se cres que fixeches unha boa etapa , ti si que estas nunha nube.
ResponderEliminarBueno Oscar, notote demasiado tenso nos teus comentarios, se chegara a imaxinar que te ias poñer así por non chegares de primeiro seguro que non iría por ti...fora coñas campeiras; na miña modesta opinion e de que SI, que SI estou satisfeito coa saída do pasado xoves o igual que outras anteriores que fixemos, a min chegame o meu nivel porque sei que co meu peso non me podo comparar convosco, se ti o que buscas e compararte conmigo o que tes que facer primeiro e poñerte unha mochila de 30kg o lombo e facela saida ti soiño a ver cando e como chegas para que non se che mofe ninguen como soedes facerme a min...
ResponderEliminarCon respecto a cronica creo que en ningún momento da mesma dixen que estaba o mesmo nivel co voso, quedou bastante claro todo o contraio con coñas e demais para levalo ben polo que penso que sobrelevas moi mal ese segundo posto,
senon e que non te entendo a donde queres chegar compañeiro nin a que se deben esas criticas desmesuradas.
Dende fai tempo che teño dito, a ti e os que me queren escoitar sobre o teu rendimento que...SI vas de puta madre coa bici pero e que non sabes pedalear, respirar e dosificarte na bici,
mentras non aprendas isto sempre terás un pto. debil e calquera paquetillo como son eu te poderá dar unha lección, sempre moito mellor do que eu o fixen por suposto.
Criticas que sain pitando e Andres te orientou a saida da curva para a xeral, cando fun eu mesmo por sair a carretera de primeiro o que avisou que viñan coches, mira que ben lle pagaches o favor a Andres por indicarte e que ben tiraches del cando se quedou...
Dis que tiraba coma un animal para distanciarme cando o que buscaba era que te puxeras a roda para sacarte de pto. e facerte ver os teus erros no pedaleo que levas...non me deches tempo porque pasastes a tirar para sacarlle tempo a quen viña só por detrás, focheste o menos 200m. en canto eu ía vendo se o Andreu recuperaba ou non, e cando decido ir a por ti recuperote toda a desventaxe e ainda te deixo por detras.
Sabes Oscar, por iso só valeume a pena o sufrimento de toda-la subida, teño que confesar que so te queria dar unha lección para ver se entendias algo e sacabas conclusión positivas, pero vexo que NON entendiches o contexto da situación, noutra ocasión será amigo campeiro...
Estou preocupado e tenso jajajajaja... e que me troncho. Vou aprender a dosificarme, a pedalear, e a respirar, grazas polos consellos profesor do ciclismo. Pero como profesor un consello, a valoracion e o rendemento das saídas tera que medirse nun conxunto, non nos últimos metros, e sobre todo cas paradas que facemos a esperar... E si chegaches de primeiro eres un campeón. Pero non me jodas codo pedaleo , sempre vai falar o mais indicado. jajajajaja...volvome a tronchar, eso que o aprendiches no libro.
ResponderEliminarNon Oscar todo o que sei da bici aprendino por levar mais anos que ti practicando ciclismo, segues coa tua demagoxia barata e sarcastica, agora para os progres coma ti ata ler un libro é unha tontería, sigue así animo!!!
ResponderEliminarEntende e fai o que che pareza mais o que che salga dos colllons pero logo cando pinches non tentes cambiala cámara sen sacala roda pringao...juas, juas, juas...
Campeiro Agra pérdeste nas formas, das a entrever que estas tenso... aplícate a ti mesmo o teus consellos de experto e menos verborrea, iso tamén se aprende lendo...
ResponderEliminarOutra cousa non tratei de cambiar a cámara sen quitar a roda, senón de parchear a mesma, labor a cal se fai mais complicada pero non imposible non trates de cambiar as versións. Iso si beber da mochila (Camelbak), sen verter o liquido na mesma...Juas, Juas, Juas... me troncho. Vémonos nos campeiros.
Bueno oscar bueno, vexo que non aceptas a tua propia medicina pero si ti chamas disculpas,escusas a romper dous codos pasar por unha operacion de hombro co outro igual de jodido estar 6 meses parado (demostrable) e ainda asi o dia que saimos ti agra e eu o tramo de sigueiro hasta lavacolla chupastes roda poñer escusas dis.... jua jua jua pois que queres que che diga........ claro que a falta de entreno fixome ter calambres na rotonda pero ti interpretalo coma unha debilidade (que por certo so me esperou e se preocupou por min Agra coma sempre) machiño sigo esperando a que fagas algo en igualdad de condicions porque ti non parastes de andar en todo este tempo, por favor deixame recuperarme y aver que pasa ainda que eu teño claro, e como di agra pon unha mochiliña de 30k e intenta subir o mesmo ca el a ver que pasa. Ti eres moi bo subindo o mellor eso nadie o duda,pero en llano e baixando estas por detras a bastante distancia e o ciclismo e un conxunto de todo os libros escrivenos expertos algo sabran digo eu..... unha cousa e vacilar e outra intentar humillar pero por esto non te vaias a enfadar eh!!juas juas juas
ResponderEliminarSON
VEIRAS POÑO ASI PORQUE OLVIDEI A CLAVE (CLARO TANTO TEMPO E O QUE TEN) VIVAN OS CAMPEIROS AINDA QUE O QUE LEA ESTO NON CREA QUE SEAMOS UN GRUPO BEN AVENIDO.
Veiras seica che fixo mal o sol . Cada un ve oconto como lle comben. Chupando roda ese dia levaches unha voa dosis de medicina vas ter que levar outra dose. juas.juas.juas.....
ResponderEliminarVEIRAS DICE VALE!! ERES A HOSTIA MEU...
ResponderEliminarNon Veiras eu non me enfado, quen te picas es ti, e a os teus comentarios me remito. Mais dunha vez manifestei nos meus comentarios e nas miñas crónicas, que ninguén e mellor que niguén. Aínda que algún veterano campeiro parece que non acepta que un recen chegado por chamarlle de algunha maneira, este o mesmo nivel.
ResponderEliminarE no deporte algunhas veces ganase e outras veces toca perder, iso chamase deportividade. E xa para rematar, eu as valoracións das etapas fágoas en conxunto, non por tramos, iso e o que tratei de discutir nos meus comentarios co campeiro Agra, e tampouco me atrevo a valorar a ninguén da maneira que o fas ti, "baixando estas por detrás a bastante distancia" juas,juas,juas... Se eu nun tramo de subida quito o tempo necesario para ir mais descansado baixando ou llaneando. E a miña técnica, e eu non discuto a técnica de cada quen, nin trato de impoñer a miña a ninguén, pero será que non teño ni idea do ciclismo. Eso si non denotes nos teus comentarios que estas molesto, para iso están as crónicas. Ainda que de vez en cando nos excedamos ca verborrea. Como digo eu o falar non ten cancelas, neste caso o escribir. Bo dia Campeiros.
Bueno, bueno ... que crecido estás follo, parece que o do outro día en vez de facerche pensar se che rebosou a adrenalina.
ResponderEliminarMe dices a min que non falte o respeto nos meus comentarios cando so ti andas a "escupir" estupideces cada vez que te pos a comentar, iso si entorno a deportividade e saber perder a bo seguro que ese día saltachestes o colexio; juas , juas, juas ...
As valoracion das etapas que fás son completamente sesgadas e personais porque senón non me explico o da saida que fixemos os tres e dende Sigueiro ata Lavacolla ias sudando sangre por aguantarlle o Veiras que non te deixara, iso non é interpretación senon o que un servidor viu dende a lexania, non puiden estar a altura de ir subindo a 18-19 km/h como iades vos pero tampouco ia tan mal como para perdela vista...
Valoracions falsas dos comentarios que fas porque faltas a verdade, como cando o famoso "afair" da camara, dices que querias parcheala pero os presentes alí perxuran que queriala quitar, e de feito foi o que fixeches, CAMBIALA non parcheala...ou non ? Se non contestas como en anteriores verdades que che levo dicindo xa entenderei dabondo...
O meu da camelbak, tamen falseas o sucedido para levalo a maldade, e falso que non levaba liquido na mochila, de feito esta pesaba e oiase a auga que tiña, pero ía nunha botella no seu interior, pasouseme botala na bolsa da auga.
Iso si, da anelada tecnica que non tes ca bicicleta presumes de carallo, unicamente porque o fisico que tes te acompaña para facer ben as subidas porque o que é o resto non destacas nin competindo contra os do patinete...
Por iso que interpretacións habera tantas como campeiros involucrados, pero verdades mais ben poucas e polos teus derradeiros comentarios para min perdiches bastante da credibilidade que che merecía, o dito; ti mesmo...
Menos mal xa pensei que o de sigueiro,o soñara. Grazas Agra!! eu non me enfado contigo nin sin ti,non sei de donde sacas esas intrpretacions, por algo que non tomo tan apeito coma ti.(nin vin a nadie dos campeiros facelo) O que pasa que igual sei coma picarte, non che gusta que falen de ti, si non e para ben. E non veñas agora decindo,que si que ti estas as duras e as maduras.Gustache dar brasa pero non recibila, pero a verdade non ten mais que un camiño. Insistes outra vez mais en compararte conmigo, en estes momentos xa dixen que estas mellor que non te enteras..... So que ainda asi,a min non me deixas atras como para perderte de vista.E parece que esto molesta especialmente (sera miedito) por outra banda ti, non eres ningun recen chegado, non me veñas agora con hostias,eso foi o primeiro dia que saimos todos (o da foto do tablon) que a falta do afamado Juan,( que por certo ni esta ni se le espera) chegaste "ultimo" (NA QUE POR CERTO NON GAÑEI EU SENON AGRA E ESE DIA NADIE FIXO LEÑA DO ARBOL CAIDO) cousa que non se repiteu mais todo sea dito,despois de ese dia melloraste coma un condenado, dia a dia e supoño que con esforzo? polo menos a min estame a costar de carallo,pero claro eu son de carne e oso. Xa levas mais kilometros que calquera dos outros integrantes estas na plenitude,( porque se non e asi Dios nos colla confesados como sigas mellorando) outros non tanto, y o de sobrado subindo e despois baixas e llaneas, amodo chamarlle tecnica......pois non serei eu o que diga que non e verdade,o que contas, que non teño ni puta idea,pero a min soame a que non tes mais folgos do esforzo, pero tamen che digo que levo moitos kilometros e moitas hostias (Jodidas) e algo terei que contar digo eu, agora se queres seguir engañandote, pois por min vale pero non vaias de Superman, porque entonces os demais teremos que contestar, e polo visto non gusta moito. Outra cousa cando iamos por sigueiro falando tranquilamente que si este e o taller de...que si lo otro,quen votou a correr de repente, polas ruas coma un lostrego que nos quedamos Agra mais eu con cara de parvos. Nada raro por outro lado, era por si te vian ou que?...no deporte gañase e perdese si, pero polo visto todos menos ti. Sabes que te quero,e aprecio e sin ti as saidas non terian salsa, pero nin mais nin menos que os outros integrantes.Que de vez en cando reconozcas algo, non te vai facer mais debil nin perderas o aprecio, que o tes dos teus sempre avenidos compañeiros de traballo e campeiradas.Ah son Veiras e que ainda non recordo a puta clave.
ResponderEliminarUn par de cousas nada mais Sr. Agra estupideces dinas os estúpidos, grazas, pola parte que me toca, e non latei moito nas épocas de instituto. Pero vexo que ti ultimamente fáltache algo da educación a cal te caracterizaba nos teus comentarios, acertados ou non. Todos nos excedemos ca verborrea, se te teño ofendido pídoche desculpas. Eu perdería credibilidade se ti o dis, pero ti para min perdiches parte do respecto o cal repito de caracterizaba.
ResponderEliminarCampeiro Veiras non quero compararme a ninguén, parece que te aliaches con Agra para darme estopa, parece ben, volvo a repetir e xa son cansino, que para min non hai ninguén mellor que ninguén, foron outros que foron poñendo clixés segun o rendemento de cada quen.
Conclusión este campeiro non esta enfadado, quizais un pouco sorprendido do que veu lendo ultímante nos comentarios de ambos.
Agra dicía nun comentario da crónica pasada, que chegara o momento de deixar o Follo voar soíño, pois dende aquí vos digo que se iso era o que buscabades, parabén conseguístelo, e se ese non era o voso propósito, sinto a decisión esta tomada. Vivan o Campeiros, e grazas por facerme participe ata a fecha do grupo.
Queridos campeiros :
ResponderEliminaren estos momentos de confusion, teñamos calma. Somos profesionales do insulto, da humillacion , dos menos precio, do sarcasmo, das risotadas hacia os demais, das falsedades ,etc etc etc. Ou po-lo contrario somos unas ¿ MARICONAS CAMPEIRAS ?.
Levo dous dias leendo estes comentarios , e parecenme do mellor que saiu publicado neste honorable blog.
Mosqui, nadie che falta o respeto, po-lo menos non mais que cando nos lanzamos pullas uns a outros, o que ocurre que nunca nos poñemos no pelexo de quen as leva.
Eu xa teño una edad para saber que xa non bou a mellorar, pero eu tamen estaria jodidillo vendo como un ballenato me desborda nun esprin, e ainda ten mais que decir, eso segun comentades , porque eu vino todo na distancia, mellor dito non o vin porque viña a alguns minutos de vos, e solo me podo fiar nos comentario que publicades,
Payo: eu sempre che teño como una referencia para doblegar a tirania do follones, pero que magistral lingua que tes, que fas entrar o follones nunha catarsis de despropositos , que por certo, non e moi dificil ,pero nunca pesei en poder derrotalo cas palabras, sempre tiven como obxetivo tieralo a una cuneta, cousa que me aforrastes
Follones , esto e o que teñen os lideres, que todos o queren destronar, para chegar o cumio, tes que non solo derrotar a ruta , senon que tamen tes que vencer os comentarios maliciosos e folloneros que caracterizan os campeiros.
Estou sorprendido do pouco aguante que tes, amigo mio de lo que se come se cria, e si sembras ventos, recolles tempestades. Espero que estas sabias verbas , as entendas e recapacites a tua equivoca decision, pero si non o fas entendereicha, e apoyareite, porque o que eu quero e que non volvas, para eu poder chegar primeiro alguna vez,e non so cando vou soiño e que teñan a mesma envexa que a ti che teñen, tamen compartida por min mesmo,
Xa ves o que ten a veterania, sobre todo sinceridade.
PD 1 payo, tu mirate porque esto non pide ninguna clave
PD. 2 se vendes a mondraker comprocha, e comentado o tema co patrocinador, que lle devolvas os maillots
Bueno Oscar xa non sei se mandarte a tomar polo cu ou pedirche as miñas mais sinceras disculpas,agora si que me descolocaste meu.De onde hostias sacas ti que non te queremos neno,no seas parviño e deixa os cubatas que non che sentan ben,e vamos programar a seguinte saida campeira porque si teño que levarte por unha orella non dudes que te levo non me deixes so con esta panda de mataos que o dia que gañen destripanme e levanme arrastro polas silvas.En serio imaxino que nos estas vacilando merecido o temos pero de non ser asi non tes perdon.Peor foi a do raposo e non nos abandonastes.Xa avisei a peladilla que suspenda as vacacions inmediatamente para que volva que estas sufrindo unha crisis de identidade. Andreu e que non me acordo de como se fai e como anonimo e mais rapido poissssss. OSCAR NON NOS ABANDONES CORASON
ResponderEliminarBueno Oscar, para comenzar pola parte que me toca quero pedirche disculpas publicas en canto as tontadas e estupideces que che dixen estos dias, ben certo é que as cousas non son como se dicen senon como se toman e aqui entrouse nunha boraxine que nos cegou en canto a interpretacion propia que ti recibiches, por iso quero que esteas completamente seguro que en ningún momento pretendia faltarte nin ofenderte e se as miñas formas non foron as correctas pois tamen cho sinto meu pero un xa levou tantos paus que agora se defende como gato panza arriba...
ResponderEliminarPolo demais non teño nin quero pronunciarme, supoño que seria complicado para ti chegar a conclusion de abandonalo grupo e como xa vivin noutro senso a mesma experiencia sei que non é facil recapacitar e dala volta sen mais. Dende logo que se decides seguir connosco terás todo o cariño campeiro como o tés ata o de agora non o duvides, saudos campeiros...
MENUDA BANDA... SE FÓRADES TRABALLAR
ResponderEliminarA ver anonimus do carallo traballar xa traballamos de la hostia outra cousa non pero no traballo si que somos todos coma contador los putos amos vamos....
ResponderEliminarCONCLUSIONES DEL MIKEL:
ResponderEliminarFOLLONES bien pero necesita mejorar, como discipulo te doy un bien alto, has conseguido que todos se aliaran en tu contra pero....te afecta. Tambien has conseguido y esto es de sobresaliente, que se humillen y te pidan disculpas.....ENHORABUENA.
AGRAFOJO ni puta idea como incirrador, si no llega a ser por el Pallo q te echo una mano, el follones TE PAPA....
ANDREU en tu linea, conciliador....has llegado a tu tope, ya no vas a dar mas, LO SIENTO
PALLO ya me jode que te tengas q aliar con el tarao ese para darle caña al Follones, q pasa no valen de nada las horas q paso con tigo en tu adiestramiento, SUSPENSO
DOMI ¿quien carallo es Domi? ni esta, ni se le espera, ni va a comentar.......CASO PERDIDO
DUCAN q pasa con la dieta ademas de "gramos" pierdes neuronas QUE LE SUPRIMAN LA D.... QUIERO DECIR LAS VACIONES