domingo, 7 de agosto de 2011

A lo vai un ano

Boas a todos camperios, como di o título de esta crónica a lo vai un ano da creación de enbuscadoscampeiros. Aínda que este blog non cumpliu o seu primeiro ano, os campeiros si, se mal non recordo o seus inicios datan do mes de xullo do 2010. E para celebrar dito evento, de que mellor xeito que recorrer unha ruta de monte, de 62 km, director do traxecto o Andreu
A fecha elixida o día 5 de agosto, en principio por calendario de traballo, poderíamos asistir todos, menos o Nando, que tiña quenda de tarde, amigo Nando, desta librácheste das criticas, que vou a comezar a repartir.
Pois como antes mencionaba de cinco dispoñibles, so asistiron a cita tres como ven sendo costume ultimamente. Como non o director do evento Adreu, non podería faltar o fundador do blog e en varias ocasións cronista campeiro Agra, e o intégrate máis novato no grupo O Llanero Solitario (bautizado por Adreu), referíndose a Follo, tamén cronista en ocasións como esta.

Falemos das ausencias, campeiro Domi, seica desde que tes esa flamante Giant, cambias os percorridos campeiros por rutas de asfalto, coidado cas faltas de asistencia, sabes que a cabeza non para, e escoitouse algún ruxe, ruxe... Algún vota en falta esas doses de estílismo que te caracterizan, incluso teñen envexa (creo que sa) e falan de mercar unha nova maquina de estrada, mais adiante volverei sobre este tema.

Compañeiro de quendas e campeiro Mikel, que pasa, din que estas fondón, de que a B-pro ten máis ferruxe que un arado de ferro. Espero non ter que volver manifestar o que manifestei no seu dia, do que pretendía ser campeiro, “non esta nin se lle espera”. xa non hai escusa que valga, a finca esta pechada, se temos que esperar a que fagas a construción ilegal a o Agra dálle algo, esta deseoso de poder darche o hachazo, por unha vez fai realidade os seus sonos.

Entramos en materia, saída as 16 horas dos CHUS, subida camiño Casas Novas con dirección A Granxa do Xesto, pola vertente oeste do Pedroso. Subida que xa deixa tocado o campeiro Agra. Seguimos dirección a Peregrina, continuando todo por monte ata a localidade Orosana, onde facemos a única parada para coller folgos e repoñer forzas, na area recreativa da Illa de Sigüeiro. Bonito lugar e boas vista de fauna e flora... Unha vez rematada a merenda, temos que intentar como sexa levantar o campeiro Agra do banco no que estaba estomballado, por moito que Andreu lle repetía que xa quedaba pouco non recobraba folgos, hasta que divisa a dúas aves “rapazas” dispostas a darse un baño, man de santo, volve en si.





Dada tal milagre o director da ruta, decídese por levarnos ata o Concello de O Pino, polos montes da parroquia de Castrofeito, e xa na altura do aeroporto collemos o Camiño Fraces con dirección monte do Gozo, onde tamén inmortalizamos o momento. E pouco despois chegada o punto de partida.

Neste punto da crónica voume tomar a vontade de facer unhas valoracións do rendemento, dos campeiros asistentes a esta ruta, e tamén dos non asistentes.
Vai a lo máis dun ano e sempre e bo ter unhas avaliacións tan de moda ultimamente.

Andreu como xa che comentaron os toupos, non hai moito manifestei que por moito que adestres chegaches o teu tope, igual estou equivocado, non desistas, iso si, a próxima ruta lévanos a explorar novos recunchos, o mundo non acaba en Sigüeiro, hai rutas máis aló.

Agra contigo vou a ser un pouco Risto Meijide, para que cárrallo queres unha bici de estrada, se non das movido os desenrolos da Montain Bike, se queres imitar o Domi, gasta o cartos nun médico endócrino, senón fala co teu compañeiro de quendas, que te asesorara na dieta dos Chuletóns e Gin Tonic. E se queres subir o Coto avisa e subimolo duas veces o mes.

Violento Domi, segues a ser o mais estíloso dos Campeiros, xa o dixo no seu día o espelliño de Agra. Deixa o asfalto e volve o monte cos Campeiros, as saídas de vía tamén se poden dar na estrada. No monte sempre terás, algún disposto a darche o hachazo.

Campeiro Nando, acabas de vir dunha temporada sabática, despois da túa lesión, non podo valorarte a fondo, dicirche que te estou esperando, para medir forzas.

Desaparecido Mikel, se queres aceite de engrase para a ferruxe, como bo compañeiro préstocho, colle dunha vez a bici e ponte as pilas, acabáronse as escusas, na próxima saída a expectativa vai estar entre ti e o Agra. Ese seria o golpe de efecto que necesita para seguir a pensar que mellorou algo. Menos mal que colaboraches en algunha que outra acertada suxerencia para esta crónica. Pero non so de comentarios vive o campeiro.

Follo como cronista non podo resaltar o meu rendemento, non seria ético, espero que nos vosos comentarios me xulgedes obxectivamente. Estou seguro de que asi sera.

Pois nada mais, espero ter sen moita demora outra saída, lembrade que temos pendente a ruta Melide-Santigo, e o veran esta a rematar.

P.D. Esquecíame do Manager Team..... VIVA O GIN TONIC.
Saúdos. Follo.

6 comentarios:

  1. Puntuación: 10/10

    Que mais poderia expresar, sacanme de pto. na bici e toma honroso relevo nas cronicas, excelente camperio Oscar, a día de hoxe non podemos dar fé de cales son os teus límites nin sequera se hai quen che poda dar freno, pero non confies, non abuses do cinismo das verbas soltas como o que dixeches o final no monte do gozo cando antonte faciamos resumen do tempo e kms percorridos, 3h45min. de bici dan para moito, ben sei que esperaches por min cada en cada cruce das subidas pero non chegaría a esa hora que falaches, as cousas non son so como se dín senon como se toman e con iso que dixeches para min perdiches todo o ganado ese día...(Que para sair así, de cotio fora de punto e soiño por detras vosa, mellor salgo eu solo e non teño porque aguantar a nadie ...)

    Con respecto os demais campeiros so vos podo decir que desta volta o follo saliu do caparazón e está a piques de voar, eso si, soiño como sempre...

    PD: Mikel, non entendín o do "chuzas", pero como noutras ocasións que xa fixen con outros e que non se lle dou tanto bombo, eu si que te espero mamaooo...

    ResponderEliminar
  2. HOLA CAMPEIROS DO CARALLO QUE NOS JODICHEDES OS HELADOS, ESPERO QUE VOS SENTEN TAN BEN , QUE COLLADES UNA CAJARRIA E QUE SE VOS DERRITAN OS INTESTINOS. LOGO DE ESTA DESESPERADA CHAMADA A FAME E O BO XANTAR PAASO A RELATAR UN POUCO A ETAPA DESDE O MEU PUNTO DE VISTA OBJETIVO.
    PRIMEIRO : OSCAR ¿NON PODEMOS DE DEIXAR DE PINTAR A PUTA MONA, E DEIXAR ESCRIBIR A CRONICA A QUE SABE?, NON, TEMOS QUE DARNOS A NOTAR TAMEN A HORA DE ESCRIBIR, QUE POR CERTO , NON LLE CHEGAS AS SUELAS DA ZAPATILLA DE CICLISMO O NOSO AGRA.ESTO VAI PO-LO COMENTARIO QUE FAS DE MIN CANDO TE REFIERES O MEU RENDIMIENTO, QUE XA VEREMOS A ONDE CHEGAS TI CANDO TEÑAS OS MEUS ANOS ( 50 ) E LOGO DO QUE TEÑO FUMADO, MAIS DE 2 CAJETILLAS DIARIAS DURANTE MOITOS ANOS, FARTO FAGO,CON SALIR CON XENTE MAIS NOVA E XA NON E QUE ME POÑA A SUA ALTURA, E QUE LLE SIGO O RITMO, NON A TI, QUE ESTAS A OUTRO NIVEL, QUE SOLO O DEMOSTRAS CON XENTE QUE : UN TEN 50 ANOS, OUTRO PESA 150 KG, OUTRO TEN A BICI CHEA DE FERROÑA DE NON USALA , OUTRO TEN EN REHABILITACION OS 2 HOMBROS, E OUTRO QUE NON SE QUER MANCHAR O MAILLOT, PERO QUE GRANDE ERES,MOSQUITO DO CARALLO.
    TI TES QUE LEVAR UNA CURA DE HUMILDADE , E ESO VAI OCURRIR TARDE OU TEMPRANO, CON XOGO LIMPIO OU SIN EL, QUE CUNETAS HAY MOITAS E GANAS TEMOCHE TODOS, RECOMENDOCHE QUE ENTRENES COMA ENTRNABA EU CANDO ERA PORTEIRO, ENTERENA A CARER BEN SIN LASTIMARTE.
    UN SALUDO E QUE TEÑAS MOITA SUERTE, QUE DESDE O FONDO NO NOSO CORAZON DESEXAMOCHAS PARA QUE NON TE LASTIMES MOITO, POR QUE AS CAIDAS SON MOI DOLOROSAS.
    SEGUNDO, AGRA RETOMA AS RIENDAS DAS CRONICAS PORQUE DESDE QUE TIN NON AS FAS SON UNA PUTA MIERDA, E QUE SEPAS QUE EN MIN TES UN AMIGO DE SALIDAS, E NON OLVIDO A RUTA NA CUAL ME DEMOSTRASTES QUE A CONPITITIVIDAD QUEDA FORA DE LUGAR CANDO UN CAMPEIRO VAI JODIDO E TI ME LEVACHES A REMOLQUE DESDE SANXUSTO HASTA NEGREIRA, GRACIAS PUBLICAS. E ME GUSTARIA VER A ALGUN LLANERO SOLITARIO EN AQUELA RUTA CANDO NON HABIA BARRO PARA QUE DOMINGUESS NON SE MANCHABA , E O PAYO ESTABA A PLENO RENDIMIENTO, SANGRARIAS PISICOLA, QUE MARAVILLA VELOS RODAR , ESO SI QUE ERA PEDALEAR, E NON COMO DI O MEU QUERIDO AGRA , O TEU PEDALEO ATRANCADO
    ESPERO QUE TE RECUPERES E CONTAMOS CON TIGO PARA NA PROXIMA SALIDA LLE ARRINQUES AS ALAS O NOSO ENEMIGO COMUN.
    PAYO : SEMPRE CONFIEI NAS TUAS POSIBILIDADES, E SIGO CONFIANDO, TEMOS DEPOSITADAS MOITAS ESPERANZAS EN TI , EN QUE UN DIA NOS POIDAMOS REIR A TUMBA ABERTA DA DESGRACIA AJENA PERO MOI GANADA A PULSO PO-LO MOSQUITO
    DOMINGUESSSS, VOLVE A CASA , RECUPERA O TEU PASADO E MONTATE ELEGANTEMENTE NA TUA IMPOLUTA FOCUS, E NO TEU LEGANTE CABALGAR SOBRE ELA E DEMOSTRANOS QUE ESTAS CON NOS PARA ACABAR CA TIRANIA E INSULTOS OS CUALES ESTAMOS SOMETIDOS
    MAIKEL, HAY NOSO MAIKEL QUE CHE PODO DECIR, A PARTE DE QUE COLLAS A PUTA BICICLETA , QUE A TI TAMEN CHE ESTAMOS ESPERANDO , PORQUE ALGO TAMEN CHE VAI A TOCAR POR INCIRRADOR, QUE VAS PROBAR A TUA PROPIA MEDICINA

    SIN MAIS ME DESPIDO HASTA A PROXIMA SALIDA QUE DESEXO NON TARDE MOITO.


    A RASCALA QUE E JERUNDIO

    ResponderEliminar
  3. Campeiros que razón levaba o incirrador, un par de comentarios controvertidos, e a polémica esta servida. Pero benvida séa, iso significa que a crónica crea critica, e falemos claro para iso se escribe. Agora so falta que ademais de motivar os comentarios, alimente tamén as ganas de dar pedal e facer saídas campeiras mais a miúdo. Niso os mellores do mellor o campeiro Agra e o campeiro Andreu, sempre que poden, están dispostos a saír a queimar calorías es suar a gota gorda.
    Campeiro Agra, sabes que te aprecio, e admiro a túa forza de vontade, se eu tivera o teu peso, non creo que estivera o teu nivel, iso si equivócaste co tema da bici de carreiras, esquécete dela, que queres abandoar ti tamén o grupo, despois vaste a acomodar a unha bici lixeira e cando volvas o monte vai a ser peor, fáloche obxectivamente, xa me explicaras ese tema horario do que falas da última ruta, non o fago con ánimo de ofender a ninguén.
    Campeiro Andreu, os xeados estaban derretidos e era unha verdadeira magoa, tiralos o lixo, ca comida non se xoga, non cho dixeron máis dunha vez de cativo, pois entón de que cárrallo te queixas. Respecto o teu rendemento, non o discuto nin o poño en dubida, estas a bo nivel, pero eu coma ti, coma o Nando, o Domi, temos os nosos límites, ninguén e mellor que ninguén, e eu estas verbas xas manifestei máis dunha vez, ningún de nos e un profesional do ciclismo baixemos o mundo real. Somos Campeiros que nos reunimos para facer saídas, para despois poñernos podres uns a outros cos nosos comentarios e criticas. E deixa de escribir en maiúsculas, que iso quere dicir que non paraches de berrar poro berrinche dos xeados, estaban a derreterse.

    ResponderEliminar
  4. Follo, lo de las fotos ya lo he arreglado, no eres nada sin mi...

    ResponderEliminar
  5. Pero que tio mas creido este "Follones" no se como lo soportais este en nuestro grupo ya estaba hostiado o fuera del equipo que prepotencia falta de valores y despues se cree que es la hostia y no tiene ni puta idea conozco yo personalmente a alguno de los integrantes y son maravillosos unos tios de puta madre y ahora viene el nuevo el novato a meter mierda tipejos como este son los que acaban con los grupos unidos anda y que le den pasar de el total cuando vais de ruta va en plan solitario igual le da verguenza que lo vean con vosotros menudo pringado fuerza campeiros y PACIENCIA.

    ResponderEliminar
  6. Ja,ja,ja.... a dar pedal, e un pouco de educación.
    P.D- Mikel non tes nin idea de onde estaba o fallo.

    ResponderEliminar