Si meus amigos campeiros o título desta crónica ben dado por varios motivos. Un deles e que igual, nos convén recordar a todos, que pasaron mais de catro meses sen unha saída. Menos mal que o noso campeiro Agra con axuda de algún que outro campeiro, retomaron en serio o das saídas campeiras. Outro motivo e que o trazado desta ruta e campeiro o cen por cen, sendas e carreiros polas beiras do rio Ulla no concello de Touro, como ben dixo algún, a ruta mais fermosa percorrida ata o de agora. E outro motivo, e non menos importante, o avituallamento que debe acompañar o final a cada ruta, que cárrallo e iso de marchar a lume de carozo para casa sen tomar unhas claras.
Vamos a describir o que deu de si esta ruta. Saída as 16:00 horas puntualidade británica por parte de todos os participantes que nesta ocasión so van ser tres valentes campeiros. Agra, Domi e Follo. Ausencias destacables coma sempre algunha xustificada, e algunha outra nada de xustificación cada un que entenda o que queira…
Punto de partida diante da que foi no seu día a catedral do Folclore Galego, tempos nos que se emitía en directo o programa Luar, falamos da afamada sala de festas “Dona Dana” de Touro.
Unha vez enriba das bicicletas, comézamos a dar pedais, polo trazado da “II BTT Rio Ulla Concello de Touro”. Nesta ocasión cabe sinalar a gran axuda do pedazo GPS que estreaba o noso campeiro Agra. E a nova vestimenta que estreabamos algúns, dende aquí quero dar as grazas o noso patrocinador, pois mais vale tarde que nunca.
Os primeiro quilómetros tras corren por monte pero con algunha subida considerable, que nos axudaban a ir quentando as pernas. Pois uns quilómetros máis abaixo xa nos arrefriaron algo mais que a pernas, cando nos toca cruzar uns quince metros do rio Lañas. O peor aínda non foi cruzar o río campeiros, o pero foi que tocou facer o resto da ruta cos pes mollados e cheos de lama e terra.
Desde este punto o trazado da ruta, tras corre pola marxe do rio Ulla, con monte totalmente autóctono galego e algunha que outra chousa chea de sobreiras, camiños de carro, sendas de pescadores, tupidas carballeiras e perdidas ouriceiras. Estamos a falar dunha fermosa e importante paisaxe natural que remata no remanso que forma o coñecido Pozo do Pego, parroquia de Fao a miña terra. Este tramo e o máis duro da ruta, pois máis de dúas e tres veces hai que votar pe o chan, tanto subindo como baixando, preguntádello o noso campeiro Domi estivo a punto de facer outra acrobacia, e Agra freou a tempo para non caer no pozo, Follo tamén e mortal e mais dunha vez tivo que carrexar ca súa BTT.
Xa na parroquia de San Pedro de Ribeira, decidimos cambiar o trazado. Unha subida matadora de dous o tres quilómetros por asfalto que nos levan a parroquia de Loxo, e aínda que o que escribe queira subir o Coto, decidiuse deixalo para outra ocasión. Xa no punto de partida e tras recorrer trinta e pico quilómetros decidimos como debe ser, tomar unas claras fresquiñas. Pois nada máis campeiros isto foi o que deu de si o día, pasámolo moi ben e benvidas de novo as Rutas Campeiras.
Follo.
As mais sinceras e cordiais felicitacións pola miña parte o cronista e precursor da ruta, tes todos os meus parabens Follo.
ResponderEliminarUnha ruta fermosa polos paraxes percorridos, moi esixente por momentos no seu trazado e dunha complicación técnica considerable. A pesares de todas estas complicacións teño que decir que para min de momento foi o 10/10 das rutas campeiras.
Nesta saida conseguimos tamen por momentos integrar o follones no grupo e apartalo desa autistación que o caracterizaba ata o de agora, so espero que lle quede grabado na sua retina esa grata sensación de grupo que experimentamos o pasado mercores...espero que entenda que se pode pasar mellor en tres horas de bici a unha media de 12km/h que so en pouco masi dunha hora a mais de 20 de media...
Un recordo tamen para os desaparecidos fai tempo dos campeiros, temos que ir empezando a retomar as saidas, deixade atras os medos os hachazos ( Mikel que xa depaso que esperan por min tamen o faremos por ti, juas...juas...juas ) e contas pendentes varias que non levan a nada, como co exemplo do follones, valen mais 30 km en compañía campeira que 60 ou 70 soiño coma un can, pero bueno a cada un o tempo o pon no seu sitio.
Saudos cordiais, Agra.
COMENTARIO PARA EL AMIGO AGRA:
ResponderEliminarANDA NO ME JODAS............. CACHALOTE QUE NO ES LO MISMO QUE CHAVALOTE
Moitas grazas Agra, polos teus comentarios, que razon levas en casi todo. Sobre todo neses campeiros desaparecidos, mira senon estaran acojonados, non participan nas rutas e ainda o que e máis grave agora fan comentarios como anonimos, nunca mellor dito non me jodades que todos nos coñecemos. Seguro que estades a poñernos a parir, pero onde se ganan as contiendas e no campo de batalla. Esperemos que isto sirva para motivalos e que volvan o bo camiño campeiro.
ResponderEliminarante todo felicitar o redactor da cronica , ainda que para gustos se pintan colores. E destacar tamen que estou en total acuerdo con Agra,ainda que polo que eu vexo o tempo sempre pon o mesmo no mesmo sitio, a remolque dos demais, eso supoño que e po-los metodos de entrenamento (de facer poucos km, e con un nutrido grupo de destacados deportistas)que segun os entendidos na materia e o mellor sistema de entrenamento.
ResponderEliminaresperemos que na siguiente salida teñamos ""todos"" a oportunidad de podernos unir a tan explendido grupo
un saludiño e a disfrutar do fin de semana cada un pedaleando como poda, soiño, con un nutrido grupo , na playa, no monte, na carretera, etc etc etc, cada un donde e como poda