Este pasado mercores aproveitando estas tardes primaverais que estabamos a ter quedamos un servidor mais o Andreu en sair a facer un pouco de MTB, eso si, sana Mountain Bike...
Decidimos sair cedo xa que tiñamos quenda de noite no traballo e xa se sabe que coa nosa idade pare esos menesteres e propicia unha boa sesta para afrontar en condicións a madrugada. Entorno das 15:00h. nos vimos a carón do C.I. e comenzamola ruta paralelos as vias polo Castiñeiriño, logo pasamos por Sar e a caron do multiusos empezamos a subir por Viso, entabamos nos camiños que nos ian levar ata o Monte do Gozo. Xa arriba unha baixada rapida con dirección a Arines donde xa non abandonariamos os camiños de terra ata ben abanzada a ruta. As pistas sempre ben asfaltadas dabanlle a saida ese punto de tranquilidade que marcaba o Andreu co seu pedaleu acompasado, bo coñecedor da ruta xa que aparte de varias ocasións que xa a fixera en solitario, o ano pasado trouxo a varios campeiros por estas terras.
O Agra, conformabase con seguir o ritmo sosegado de Andreu que lles permitia a ambos a comentar outros temas que non veñen o caso nesta cronica pero ben todos podemos supoñer de quen nos acordarnos...
A parte mais complicada da xornada viña os pes da ponte do ave que por un camiño empedrado nos ia levar a subila ladeira para rematar por enrriba de dita constucción varios kms mais adiante, toda unha sorpresa.
Pouco despois naquel noutro momento jocoso por se sairen da calzada dous campeiros despistados non ocasionou desta volta mais complicacións por seren os presentes do melloriño nos descensos complexos da nosa orografia.
Voltamos cara Santiago con 32kms percorridos xa polo camiño peregrino que entra na capital dende o Castiñeiriño e de volta a carón da via do AVE, deserta polo momento nestes tempos complicados que nos toca padecer.
Acompañamos esta escueta cronica cun pequeno video que traemos gracias a doazon temporal do compañeiro Carlos dunha mini cámara de video que nos acompañou desta volta....
No hay comentarios:
Publicar un comentario