O dia sete de febreiro reunímonos tres campeiros, para realizar a ruta pola inmediacións do Pico Sacro. O punto de partida e o lugar de O Forte capital do concello de Boqueixón, saída as 15:30 horas, nesta ocasión so vamos a participar no percorrido tres valentes campeiros, e dicir a metade do grupo; Andrés, Mikel e Follo, os tres ausentes, nesta ocasión teñen todos a súa ausencia máis que xustificada. Como suliñaba anteriormente partimos de O Forte, altitude 260 metros e vamos percorrendo sobre uns oito kilometros aproximadamente de forma progresiva ata a chegada o pe da capela de San Sebastián, sita esta no Pico Sacro, altitude 534 metros. Nesta ocasión non procedemos a subir as nosas monturas a cima, cousa que si fixemos o día de recoñecemento da ruta, quedando bautizada unha zona da ruta de senderismo que nos leva o cume do pico, “curva desfalecemento follones” o campeiro tivo que facer unha paradiña ca Mondraker o lombo para coller aire. Xa na cima destacar as magnificas vistas que ofrece o mítico pico para os visitantes e veciños da bisbarra, tamén suliñar que dende alí os peregrinos que se animan a facer a Ruta da Prata, van a ver xa as ansiadas torres da Catedral.
Namentres se sacaban as fotos de rigor, algún que outro non lle ia ven se no subía a súa btt a base cubica de formigón do vertixe xeodésico, a o rapaz gústalle sempre estar nas alturas, aunque este lonxe de momento en ser dos primeiros en coroalas.
Continuamos a ruta baixando polo camiño forestal paralelo a mina de Serrabal,no cal atopamos un cadáver dun porco teixo, tirado na cuneta, momento no cal o noso campeiro cazador quere inmortalizar o momento, non me preguntedes o porque, quizais sexa a única maneira que teña de presumir de cazar pezas. Volvendo a redacción da etapa dicir que estre tramo seria o único sitio no cal o ausente, Rei das Baixadas podía intentar dar un dos seus famosos hachazos. Unha vez rematada a baixada estamos no lugar de Ponte Ulla, concello de Vedra, collemos a autoestrada que vai Arzúa a Padrón AC-240 (ou tamén coñecida como estrada de Boimorto a Muros, aínda que a o noso campeiro nativo de Muros non lle soe de nada dito topónimo), camiño a Ponte Gundian, onde facemos a segunda e última parada da xornada. Unha zoa paixasistica extraordinaria formada polos caños do Ulla e o viaduto Gundian meca do puenting galego cos seus oitenta e pico metros de altura, os cales se quedan lonxe dos 104,4 metros do novo e recen rematado, o mais alto e de máis complexidade técnica de toda a rede dos camiños de ferro do Estado.
Volvemos de novo a autoestrada AC-240, torcendo uns kilometros mais arriba a esquerda camiño de Codeso, para rematar no punto de partida, despois de pisar tamén terras do Concello de Touro, parroquia de Vilar.
Campeiros unha nova etapa superada non moi longa so 25 kilometros pero no seu percorrido ten algunha que outra pendente elevada, e isto foi todo o que dou de si o día. De seguro que non tardaremos moito en repetila para que poidan asistir o ausentes. Firma Follo.
"TERRITORIO DE LENDAS"
Pero que mierda de cronica es esta Follones?.......Amigo e añorado Agra, deja de una p....vez la pagina de la F1 y vuelve, te lo pido, te dejaré que me des hachazos, que razón tenía el Manager Tean cuando decía que no lo dejasemos ser un Campeiro, que iba a terminar con todo.....no le hicimos caso y asi nos va.
ResponderEliminarTerritorio de lendas....pero lendas de que....no me jodas y retirate ya de la redacción de cronicas
Agraaaaaaa.....Vuelveeeeee
ESTO ACABASE
con todos os meus respetos para o redactor menuda MERDA de cronica , tio que esto non da para nada,XA CHE VAMOS A SACAR O TITULO DE FOLLONERO. Esperamos todos con moita ansia , a pronta recuperacion do noso cronista, nas tareas de redactar as cronicas da xornada, SEMPRE DESDE O SEU PUNTO DE VISTA, e que dan para tantos comentarios.
ResponderEliminarEstimados campeiros, este meu comentario enviovolo dende una nada desestimable altitude de 1625m, unha fermosa subida cunhas "ramplas" que parece que non terminan mais,non me imaxino tal esforzo nas pernas dun campeiro, seria un escenario idilico para ese prometedor duelo entre o noso nando mais o follones que a boa fe neste tipo de portos doblegabase e non por levala impoluta mondraker o lombo...
ResponderEliminarSobre a cronica, so podo darlle parabens o redactor, que sempre andades a criticala redaccion pero polo carallo colledelo testigo, saudos campeiros...
Antes de nada deixar claro que acepto todalas criticas das cronicas que eu fago, tamen decirvos que neste caso non as comparto en absoluto. Pero que se vai esperar dos incirradores, eu tratarei de atacalos por medio de hachazos nas saidas futuras. Agradecer publicamente as mostras de apoio do redactor "Xefe", as cales me dan animo para seguir escribindo algún que outro parrafo. Agra esperemos que che sigan o consello, para tamen nos poder facer algunha que outra critica. Pasao ben e disfruta de esas mini vacacións ben merecidas.
ResponderEliminar13 de febrero de 2011 02:06