Este pasado venres reunimonos denovo enbuscadoscampeiros na que ía ser a saida mais numerosa dende a nosa creación; reuníamonos sete compañeiros e saíamos dende o Milladoiro coa intencion de facer unha ruta polos camiños que bordean ó Monte Pedroso rematando subindo o cumio para logo ir atravesando por pistas para sair á Pelegrina e seguir dirección Pol. do Tambre xa con vistas de voltar o pto. inicial.
Nesta saída integrabanse o grupo de habituales dous fichaxes novos, Oscar Vilar que facia escasos 15 dias que tiña a sua virxinal e impoluta Mondraker, por outro lado re-iniciabase tamén Juan Blanco, que con ansias de facelo ben e por falta de bici propia axenciase unha dun colega que ás primeiras de cambio o deixa tirado cando so levabamos 6 km de ruta ... "entre o cambio e que retiveches mais ben pouco meu; libracheste dunha que che deixaría mexando pepsi-cola durante o resto do mes" ...
Logo de que Juan nos deixara xa na Rua de San Lourenzo proseguimos polo Carme de Abaixo ata a Rua de Casa Novas onde xa nos atopamos unha pendente que picaba entorno o 10-12 %, vamos subindo agrupados marcando ritmo Xavi como o gran valedor da ruta de hoxe; antes de chegar o fin de Casas Novas desviamonos a dereita por un camiño de terra que nos leva bordeando as faldas do Pedroso ata preto do Lugar de Queiroal dende onde xa torcemos a esquerda para completala subida que nos leva ata as antenas do Pedroso.
Cabe suliñar a gran actuación que tivo a nosa nova incorporación; Oscar neste primeiro día de saida conxunta que con escasos 100 km de entreno nas pernas aguanta perfectamente o ritmo do grupo sen descolgarse en ningun momento, o chaval gostalle ir por diante e ter controlados os rivais co rabillo do ollo por enriba do seu ombreiro, co seu pedaleo un tanto atrancado chega segundo as antenas completando cun sobresainte a parte mais dura da etapa.
Comenzamolo descenso e atravesamos cara o circuito de cross onde collemos polo cortafogos do gaseoducto que nos leva a zona da Pelegrina, logo entre pistas e camiños seguimolo pedaleo cómodo ata a rentes do Pol. do Tambre, o lonxe xa podemos velas chimeneas da Finsa e pouco mais alá o Hotel Castro; propuxemonos chegar ata él, o cal nos levou mais do devido, tanto en tempo como nas rascaduras de silvas e toxos que tivemos que padecer nunha zona de campo a través coas bicis as costas.
Denovo no Camiño de Santigo percorremos os derradeiros kms do mesmo, parada obligada na Praza do Obradoiro e dende alí con presas para o Milladoiro que xa estaba a caelo día.
Boas sensacións nos deixou esta saida, Fernando e Xavi sempre facil e alegres na bici, Andrés con nova montura para o monte que o fai sufrir mais do devido, duelo pendiente entre Agra e Mikel que hoxe non tivemos oportunidade de ver xa que todalas miradas copounas o noutra hora "follones" e que nesta tarde con entusiasmo e humildade nos deixou entrever un rival que ninguén esperaba a tan curto prazo...
Boas sensacións nos deixou esta saida, Fernando e Xavi sempre facil e alegres na bici, Andrés con nova montura para o monte que o fai sufrir mais do devido, duelo pendiente entre Agra e Mikel que hoxe non tivemos oportunidade de ver xa que todalas miradas copounas o noutra hora "follones" e que nesta tarde con entusiasmo e humildade nos deixou entrever un rival que ninguén esperaba a tan curto prazo...