Si meus amigos campeiros o título desta crónica ben dado por varios motivos. Un deles e que igual, nos convén recordar a todos, que pasaron mais de catro meses sen unha saída. Menos mal que o noso campeiro Agra con axuda de algún que outro campeiro, retomaron en serio o das saídas campeiras. Outro motivo e que o trazado desta ruta e campeiro o cen por cen, sendas e carreiros polas beiras do rio Ulla no concello de Touro, como ben dixo algún, a ruta mais fermosa percorrida ata o de agora. E outro motivo, e non menos importante, o avituallamento que debe acompañar o final a cada ruta, que cárrallo e iso de marchar a lume de carozo para casa sen tomar unhas claras.
Vamos a describir o que deu de si esta ruta. Saída as 16:00 horas puntualidade británica por parte de todos os participantes que nesta ocasión so van ser tres valentes campeiros. Agra, Domi e Follo. Ausencias destacables coma sempre algunha xustificada, e algunha outra nada de xustificación cada un que entenda o que queira…
Punto de partida diante da que foi no seu día a catedral do Folclore Galego, tempos nos que se emitía en directo o programa Luar, falamos da afamada sala de festas “Dona Dana” de Touro.
Unha vez enriba das bicicletas, comézamos a dar pedais, polo trazado da “II BTT Rio Ulla Concello de Touro”. Nesta ocasión cabe sinalar a gran axuda do pedazo GPS que estreaba o noso campeiro Agra. E a nova vestimenta que estreabamos algúns, dende aquí quero dar as grazas o noso patrocinador, pois mais vale tarde que nunca.
Os primeiro quilómetros tras corren por monte pero con algunha subida considerable, que nos axudaban a ir quentando as pernas. Pois uns quilómetros máis abaixo xa nos arrefriaron algo mais que a pernas, cando nos toca cruzar uns quince metros do rio Lañas. O peor aínda non foi cruzar o río campeiros, o pero foi que tocou facer o resto da ruta cos pes mollados e cheos de lama e terra.
Desde este punto o trazado da ruta, tras corre pola marxe do rio Ulla, con monte totalmente autóctono galego e algunha que outra chousa chea de sobreiras, camiños de carro, sendas de pescadores, tupidas carballeiras e perdidas ouriceiras. Estamos a falar dunha fermosa e importante paisaxe natural que remata no remanso que forma o coñecido Pozo do Pego, parroquia de Fao a miña terra. Este tramo e o máis duro da ruta, pois máis de dúas e tres veces hai que votar pe o chan, tanto subindo como baixando, preguntádello o noso campeiro Domi estivo a punto de facer outra acrobacia, e Agra freou a tempo para non caer no pozo, Follo tamén e mortal e mais dunha vez tivo que carrexar ca súa BTT.
Xa na parroquia de San Pedro de Ribeira, decidimos cambiar o trazado. Unha subida matadora de dous o tres quilómetros por asfalto que nos levan a parroquia de Loxo, e aínda que o que escribe queira subir o Coto, decidiuse deixalo para outra ocasión. Xa no punto de partida e tras recorrer trinta e pico quilómetros decidimos como debe ser, tomar unas claras fresquiñas. Pois nada máis campeiros isto foi o que deu de si o día, pasámolo moi ben e benvidas de novo as Rutas Campeiras.
Follo.