sábado, 29 de enero de 2011

Ruta os catro concellos

Como o nome da ruta indica esta etapa levounos a percorrer, camiños, pistas e corredoiras de catro concellos do interior de Galiza, O Pino, Santiago, 500 metros aprox. de Boqueixón e Touro. Saída as 15 horas de Pedrouzo (O Pino), a cal temos que retrasar dez minutos a espera de Violento Domínguez, campeiro que non repara no reloxo, cando esta diante do espello, a preguntarlle; “ espelliño, espelliño cal e o campeiro máis esvelto e mellor vestidiño” (verbas do campeiro Agra, que da conta delas Follo). Resaltar que dito campeiro acude sempre a tódalas rutas coma un pincel toda unha lección de estilismo.

Nesta ocasión non falta ningún campeiro, exceptuando a Nando que segue ansioso por recuperarse canto antes, e algún que outro campeiro esta a riscar os días no calendario na procura do hachazo que o catapulque ao Reino dos mais Fortes.

Os primeiros kilometros recorrémolos polo Camiño de Santiago, dirección Lavacolla, camiño levadeiro e sen moitos desniveles, que fan cavilar o campeiro Agra, sobre o estado de forma do campeiro Mikel. Dubidas que lle quedan resoltas na primeira e longa subida “Amenal”, momento no que esperta do sono, devolvendo ao mundo cruel e real, a piques de poñerse Choroso, cando ve desaparecer na lexania o Mikel. Xa nas inmediacións do aeroporto Compostela, o Campeiro Andrés decatase dunha incidencia na roda dianteira da Berg. “Apirolamiento da cuberta” vocabulario técnico moi apropiado dado o lugar onde nos encontrabamos, Lavacolla, a historia conta que dito nome provén do sitio onde os peregrinos lavaban, a coira ou partes intimas antes de entran en Compostela. Solucionada a incidencia con algunha que outra discrepancia, dos mais entendidos...




Continuamos camiño da cabeceira 35 do aeroporto, territorio de Boqueixon, observando as obras da nova e terminal, momento no cal Follo escoita un novo cualificativo, “Autista” dado a o illamento no que deixa ao grupo, o cal decide afrouxar o ritmo, e acompañar os campeiros.

Parada para sacar algunha foto da zona aeroportuaria e pasmonear coma se nunca viramos despexar un avión, neste caso tratase dun despexe dun Boeing de Air Europa. Visto tal milagre e despois de inmortalizar o feito, entramos en territorio Agra o que lidera o grupo camiño da parroquia de Bama.

Cando levamos 22 kilometros nas nosas pernas comeza a subida O Coto de San Sebastián na parroquia de Loxo, altitude de 398 metros con unha ramplas que tumba cristo, nas cales todos recorremos o “molinillo” no pedaleo. Lidera a subida Follo, un pouco mais atrás Domi, seguidos a mais distancia de Andrés e o Mikel. Tirada de novo de fotos e chegada do campeiro Agra o cal consigue valentemente rematar a subida, despois de pasar unha semana amolada por causa dunha gripe. Baixada do Coto liderada por quen todos ven sabedes, e de volta terreo hostil, subida os montes das antigas minas de Río Tinto, o cal fan desaparecer por momentos do horizonte o campeiro rei das baixadas.

Con trinta kilometros nas pernas, baixada dos montes de Arca por un camiño con firme inestable, o cal non consigue amedrentar o Agra, pero si o acrobático Domi, non sendo de estrañar, aínda recorda aventuras pasadas e milagres vividas, por un momento queda perdidiño no monte, e vota un berro de desconsolo a o ver un regato nun cruce de camiños, dubidando que Follo como director de ruta o atravesara ca súa Mondraker. Parada dos campeiros para que o Mikel proceda a orientalo no bo camiño. Chegada o punto de partida liderando Follo como local, seguido de Andrés, Mikel, Domi e Agra.

Campeiros unha nova ruta superada con ramplas curtas pero pronunciadas 34 kilometros mais nos nosos conta kilometros, esperando todos que nos acompañe canto antes o Nando. Vémonos na próxima e ala a darlle vidilla á crónica cos vosos comentarios. Firma Follo. Agra segue ocupado ca paxina web, na próxima xa o teredes como redactor.


"Ardelle o Eixo"

miércoles, 19 de enero de 2011

Progresando adecuadamente

Segunda saída do ano que acaba de escomenzar. Nesta ocasión o punto de partida vai ser o multiusos Fontes de Sar , da capital Galega. Para organizar esta ruta campeira, tratouse de buscar unha fecha que posibilitara a máxima participación campeira. Pero temos que dicir que a previsión non se cumpleu. Ausencia xustificadas, so a do noso campeiro Nando, que segue a recuperarse a moi bo ritmo do cal todos nos alegramos; ausencias sen xustificación o campeiro Agra, como se dicía vulgarmente en tempos do instituto “latou”. A explicación e vos ben sinxela , basta con ler o título da crónica. O líder das baixadas endemoniadas “necesita mellorar”. A derradeira saída deixouno tocado e sen folgos, segue a espertarse a altas horas da madrugada con pesadelos de cumes elevadas, que o fan entran en taquicardias. Conclusión; el ben dicía “o medo e coma o cu, cada un ten un”. Da ausencia do que aspira a entrar no Mundo Campeiro, permitídeme que non comente nada, so dicirlle que o falar non ten cancelas.

Vamos entrar en detalle do que nos dou a tarde do día dezaoito, as 15 horas os catro progresivos campeiros, Andres, Domi, Mikel e Oscar, comezan a dar pedal subindo algunha que outra cume que os levan por montes e camiños enlamados que fan cavilar o Follones no gasto da limpeza da súa Mondraker, o Mikel tamén nos comenta que estalle a pasar factura o parón dos últimos dous meses, pero co paso dos kilometros colle o ritmo de contado. O noso campeiro Andrés antes de chegar a Aríns, fainos a trasnada de provocar unha freada de emerxencia, o cal pon a proba os freos das nosas btt, facendo algunha que outra derrapada estilo fitipaldon. Rodamos todos a un ritmo tranquilo pero progresivo, sen perdidas notables, agás aquelas necesarias para facer algunha que outra foto da paisaxe, e obra faraónica dun treito correspondente a un viaduto do ansiado e moderno, camiño de ferro Galego. Destacar tamén que o grupo vai percorrendo kilometros sen piques, preguntándonos se seria debido a ausencia do campeiro “rei das baixadas”.



Xa pasado o ecuador da ruta prodúcese no mundo campeiro a primeira saída de vía de dous valentes integrantes do grupo. Descendiamos pon unha pendente de la hostia liderando o grupo o noso director Andrés, que ia baixando coma unha chispa endemoniada, picando os sesenta e pico, segue máis atrás o prudente Follo dado que o firme era cojonudo, e case o seu carón viñan os artistas acrobáticos Mikel e Domi, que en vez de tomar o ángulo de noventa grados que debuxa a curva para a esquerda, deciden “votarse o monte”, neste caso “ votarse o prado” despois de atravesar cuneta e dispostos a levar por diante todo aquilo que se lles poñerá. Milagrosamente saen ilesos do percance, cousa que agradecen os dentes de ambos, iso si pálidos e con tembleques nas pernas. Despois de votar unha risas, mais adiante parada obrigada na capela de Santa Lucia de Piñeiro, para que os ilesos accidentados procedan a rezar as súas pregarias en gratitude da milagre que acababan de protagonizar.



De volta xa o punto de partida o Follones propón subir o Monte Gaiás, para visitar a recen inagurada Cidade da Cultura, e así culminar a ruta. Sen debater moito deciden facerlle caso. Xa neste punto despois de contemplar o maxestoso e inacabado complexo arquitectónico, violento Domínguez seguido de Follo, deciden poñer a proba as lousas da costra pétrea, que forma o tellado do complexo arquitectónico cultural e de entretemento, deseñado polo afamado arquitecto Peter Eiseman, o cal nos recorda os motivos dunha cuncha de vieira, símbolo tradicional Compostelán.
Culminada xa a ruta mencionar que Domi, facendo honor o seu nome decide tronzar violentamente ca defensa dianteira do seu coche, unha arbore indefensa que a súa única misión e dar sombra os automóbiles en épocas estivais. Desiste da súa actitude despois de non soltar algún que outro xuramento. Nada mais meus queridos campeiros esta e a miña humilde redacción da crónica, recoñezo que non estou a altura nesta misión como o redactor Agra, espero a vosa comprensión. Vivan os Campeiros.

                                                                                                                   " Vironlle o cu, a Cruxa"

lunes, 3 de enero de 2011

Os primeiros medos...

          Nas altas terras da montaña fai tempo xa que caeron as primeriras nevaradas, no grupo dos campeiros iniciamo-lo ano logo de mais dun mes de abstinencia (algún que outro mais que de pedaleo), nunha saida na cal tivemos ausencias significativas por mor de motivos ben dispares. Por unha banda temos de baixa o lider dos campeiros, Fernando atopase convalecente dunha lesión que o vai ter lonxe dos camiños durante uns meses, esperando que a sua recuperación vaía no mesmo camiño como vai na sua bicicleta, dereito e firme; dende aquí todos che desexamos unha pronta e satisfactoría recuperación xa que eres moi necesario para o grupo para manter a unidade e poder ferir de ala a algún que outro paxaro...que pasou de blanco a carroñeiro en contra dos principios campeiros dos que ti nos tiñas tan ben acostumados…

          Afloraron os primeiros medos no campeiro Mikel, que tras o parón navideño sentese mais débil que de costume e deixanos con unha inexplicacle ausencia poñendo como excusa o loito do seu compadre pero entrevendose o tintenear de “ algo pequeñito” no medio das penas e abandona o grupo nesta primeira e tan importante saida do ano, un acontecemento que noutra hora non se houbera perdido por nada, “as disculpas son como o cu, todos temos ún “…

          Vamos entón a relatar como aconteceron os feitos desa para algun nefasta saída. Reunimos as 15:00H. os catro camperiros restantes a carón do CHUS e saimos dirección o campus universitario para baixar logo cara o Carmén de Abaixo, nestes inicios tranquilos o grupo iba cohesionado e medindo as forzas alleas, empezamos a subir por Casas Novas onde a choiva tamén quiso ser protagonista e xa non nos deixou o longo de toda a tarde, neses intres empezaban a flaquear as forzas, Agra notaba que lle faltaban os folgos tal cual gaita furada e co paso dos kilometros o furado ancheaba, en busca do alento que lle faltaba produciuse nas faldas do pedroso unha falta de oxixeno tal que unha bandada de douscentos paxaros caeron a plomo, nin os mais vellos do lugar recordan feito coma ese...

          Destacable é a actitude dalgún camperio, tanto para o bo como para o malo; cando Agra no seu sufrimento vendose desbordado polo grupo que abreu unha fenda de mais de 200 m. atopase co xesto amable de Andrés que o vai esperando e dandolle animos para curalo seu mal. Por diante urdiase unha trama para complicar de por si a ruta e para facerlle mais dano os que peor iban. O pasar dos kilometros e cando a cousa se ía tornando positiva co terreo mais a favor a desgracia volvese a cebar no mais débil, o grupo sufre outro paron por mor dun pinchazo na roda dianteira da rockrider de Agra, mais leña para o carro...


          Como ben sendo costume nas derradeiras saidas en ausencia de Fernando, Oscar toma as rendas do grupo e ainda sen coñecer os camiños vaise diante tendo que correxilo en non poucas ocasions, chegará o día que non se lle dea o aviso e deixaremolo ir só para que se perda entre camiños e corredoiras, mostrandolle que ainda sen ser fortes podemos ter a misma malicia por detrás como a que él denota por diante. Chegannos os ecos de que o noso merlo blanco nesta saida sei que se aburrira a esperar tanto polo grupo, cheirase no ambiente certa arrogancia impropia de alguén que aspire o liderato dos campeiros, un poco de sentidiño...


          Tanto Andres como Xavi manteñense a un moi bo nivel tanto no plano deportivo como persoal afianzando así os valores propios que caracterizan o grupo dos campeiros. A ruta segue percorrendo as cercanias do poligono do tambre o cal chegamos logo de preto de duas horas de dar pedais, dende aqui continuamos por estrada ata a Plaza do Obradoiro, neste terreo Agra e dominador absoluto, poñendo un forte ritmo no treito chan e ben asfaltado das ruas compostelanas, sacando practicamente tanta diferecencia co grupo como a que tiña perdido en momentos anteriores. Facemos a parada de rigor na praza compostelana e terminamolo percorrido no mesmo lugar onde o escomenzamos logo de 33 km e mollados coma pitos...

          Queridos blogueiros, este é o primeiro acto deste 2011 que acaba de escomenzar, quedan atrás os inicios dos campeiros no pasado veran, saidas que nos quedan no recordo como foron a mítica subida a Bustelo de Frades a carón do encoro Barrie de la Maza, os viraventos do Corzan, a dureza do Rubial; estas e outras tantas nos fixeron fortes como grupo compartindo sufrimentos propios e algarabías comuns. Esperamos que este ano nos depare as mesmas alegrias e poidamos seguir acadando retos que nos fagan sentir as mesmas sensacións que as que tivemos ata o de agora.

A landra Choca.