Sobre as tres e media do pasado venres reunímonos denovo catro valerosos campeiros para escribir unha nova paxina no devir da curta e dilatada andanza do grupo. O lugar elexido para reunirmonos nesta ocasión era a vila de Brión, como xa é costume un dos nosos nunha sonnolenta sobremesa retrasa a saida dos campeiros.
Quedaba por decidir a ruta que íamos seguir para afronta-la dura ascensión O Rubial, por unha banda como local, Agra defende que o mais axeitado era subir polos camiños dos Montes de Oleiron que nos levarian o cumio do Rubial, por outro lado o impuntual, por certo ainda non había dito que foi o Mikel nesta ocasión...defende a ruta por estrada ata Macedos para logo afrontar os dous derradeiros e matadores kilometros ata a caseta do Rubial. Democráticamente optamos por toma-la primeria opción e escomenzamos a dar pedais camiño de Bastavales.
Ainda non tiñamos quentes as pernas cando empezamos ascensión das primeiras rampas; que nos situaban a carón da igresia onde noutro tempo a nosa poetisa por excelencia enchiase de soidades cando lembraba as suas badaladas nun dos seus mellores poemas.
Entramos nos mollados e frios camiños cando un desorientado “merlo blanco” colle a cabeza do grupo sen ter moi claro cara onde tirar, cerrando o grupo ben Andrés que nesta ocasión estrena montura nova, unha fermosa Berg negra con liñas azuis que lle dará un plús no resto da subida o intrépido muradán...
En pouco tempo atopamonos en Vilar de Abade, onde aproveitamos para repoñer forzas e quitar roupa vendo xa en primeira persoa o resto da subida que se alzaba ante nos cara o ceo, se ata o de agora fora exixente o que nos restaba “ son unas cuestas de la virgen “.
Unha vez iniciada a subida atopamonos cun treito que nos obrigou a poñelo pe en terra nun par de ocasións, mais pola dificultade do camiño que pola propia dureza da costa, nesta ocasión o merliño non tivo problemas a hora de solta-los pedais, demotase un exaustivo entrenamento pola sua parte do que todos nos lle agradecemos.
Pola ladeira do monte collemos un treito de falsos llanos que nos deixa o pe dos derradeiros catro kilometros de extrema dureza, porcentaxes dun 10% e un camiño areoso facian flaquear a entereza das bicicletas e mais das nosas pernas, momento no cal o noso merlo blanco empeza a voar por si só e pouco a pouco ímolo perdendo de vista no percorrer das reviravoltas do camiño, a impotencia cebase connosco ante esa demostración de forza que nos revela o da quixotesca figura facendo de cristo corcobado cando chega en solitario o alto do Rubial. Por detrás segueo o lonxe sen sequera velo Mikel que os puucos deixa de roda o Andrés, mais atrás queda Agra no que a súa condición de local non lle procura ningunha vantaxe neste trazado tan complicado.
Nesta ocasión; meus queridos campeiros querovos comentar que a dureza da etapa non nos deixou lugar a bromas e demais algarabías propias do caracter jocoso que decotío presumimos, pero si nos inundou dunha clara conclusión; non e outra que o merlo blanco vainos deixando cada día mais orfos de liderato, ainda que nesta ocasión os mais fortes non lle puideron facer frente por ausencia quen sabe se na seguinte saída seran capaces de presentarlle batalla, eso si; coma soen face-los homes e sen sequera erguerse do sillín...
"Brinca na lesma"