Meus ben queridos campeirans, volvemos o hábito das cronicas nesta nova tempada estival xa que dende que o “follones” se nos meteu na política parece que lle chegaron os tempos da crise tamen o grupo dos campeiros, as saídas fanse mais esporadicas e o que resulta mais frustante ainda; cada vez menos numerosas.
Nin por asomo me vou considerar salvador de nada nin de nadie, esta claro que cada un de nós fora do traballo que compartimos temos unha vida a cal nos debemos por encima do ocio que nos une nas bicicletas, sen embargo noto certa deixadez a hora de quedar a programa-las saidas e que non se fai xa coa ilusión co que faciamos antaño. Pero bueno todo será botarlle un pouco mais de gañas, tirar de verborrea escrupulosa e mandar pullitas varias para que a cada un lle doia a sua honrrilla persoal e se sinta aludido, sempre con bo senso por suposto e en defensa to “talante solidario” que sempre nos caracterizou a este afamado e vanagloriado grupo...
Desta volta éramos tres os aguerridos que nos atrevemos a sair con semejante dia de calor como foi o que tivemos este pasado xoves, cando a xente normal no seu tempo libre se dirixe en dirección a calquera das numerosas praias que temos polas nosas costas galegas, estes pringados dos campeiros quedamos as 16:00 h. no CHUS compostelano, para escomenzar ruta polo camiño de Finisterre que sae da capital de Galiza en dirección o municipio de Ames, nestes primerios kms o camiño protexia o grupo coa vexetacion do monte autóctono. Chegamos a Ames donde na sua parroquia de Augapesada nos iamos atopa-la primeira dificultade seria da xornada, entorno a 220 m. de ascensión en escasos 1500 m. con rampas moi complicadas que conseguiron disgregalo grupo, como xa ven sendo habitual neste tipo de terreos Oscar desmarcase por diante do Andreu aprobeitando a boa tracción que lle ofrecia o camiño as veces adoquinado, sen caer na conta que o peor ainda estaba por vir. Ambo-los dous esperan un ratiño no alto a que apareza o Agra entre as sombras do monte e de volta os tres campeiros nos diriximos hacia Trasmonte, onde deixamos a un lado o camino de Fisterra e nos desviamos hacia Tapia por carreiros e corredoiras.
A carón da praia fluvial valoramos facer a primeira parada entre bikinis e topless ou o carón dunha igrexa que nos daría unha sombra megalitica ?, por desgracia escolleuse a peor opción. Logo desta debota e desafortunada decisión retomo-la ruta e pronto escomenzamos a subir denobo por camiños polvorenos e con un firme inestable que logo das primeiras pedaladas levaron o mosquito o chan empocandolle o seu impoluto cueiro (pena dunha bosta fresquiña), anécdota que nos levou a botar unhas risas e con moito pesar de non poder retrata-lo percance. No doblar das 17:30 h. continuamos subindo cara Ameixenda, Oscar co seu habitual atrancado pedaleo e culotte empocallado pouco se distancia do Andreu que levaba unha cadencia mais alegre fruto da experiencia que atesoraba por sela cuarta vez que subia polo sitio. Por detras Agra nun xesto solidario co grupo e vendo os incidentes que se viñan producindo toma a sempre díficil desición de afloxa-lo ritmo para poder socorrerlle os compañeiros en calquer incidente que se puidera producir. A deus gracias continuamos a ascension ata Ameixenda sen mais incidencias tendo que esperar os demais por un servidor, o cal en mais dunha ocasión se somete as críticas do grupo pola saúde dos campeiros (que bonito me quedou, mi madre..)