O dia sete de febreiro reunímonos tres campeiros, para realizar a ruta pola inmediacións do Pico Sacro. O punto de partida e o lugar de O Forte capital do concello de Boqueixón, saída as 15:30 horas, nesta ocasión so vamos a participar no percorrido tres valentes campeiros, e dicir a metade do grupo; Andrés, Mikel e Follo, os tres ausentes, nesta ocasión teñen todos a súa ausencia máis que xustificada. Como suliñaba anteriormente partimos de O Forte, altitude 260 metros e vamos percorrendo sobre uns oito kilometros aproximadamente de forma progresiva ata a chegada o pe da capela de San Sebastián, sita esta no Pico Sacro, altitude 534 metros. Nesta ocasión non procedemos a subir as nosas monturas a cima, cousa que si fixemos o día de recoñecemento da ruta, quedando bautizada unha zona da ruta de senderismo que nos leva o cume do pico, “curva desfalecemento follones” o campeiro tivo que facer unha paradiña ca Mondraker o lombo para coller aire. Xa na cima destacar as magnificas vistas que ofrece o mítico pico para os visitantes e veciños da bisbarra, tamén suliñar que dende alí os peregrinos que se animan a facer a Ruta da Prata, van a ver xa as ansiadas torres da Catedral.
Namentres se sacaban as fotos de rigor, algún que outro non lle ia ven se no subía a súa btt a base cubica de formigón do vertixe xeodésico, a o rapaz gústalle sempre estar nas alturas, aunque este lonxe de momento en ser dos primeiros en coroalas.