Como o nome da ruta indica esta etapa levounos a percorrer, camiños, pistas e corredoiras de catro concellos do interior de Galiza, O Pino, Santiago, 500 metros aprox. de Boqueixón e Touro. Saída as 15 horas de Pedrouzo (O Pino), a cal temos que retrasar dez minutos a espera de Violento Domínguez, campeiro que non repara no reloxo, cando esta diante do espello, a preguntarlle; “ espelliño, espelliño cal e o campeiro máis esvelto e mellor vestidiño” (verbas do campeiro Agra, que da conta delas Follo). Resaltar que dito campeiro acude sempre a tódalas rutas coma un pincel toda unha lección de estilismo.
Nesta ocasión non falta ningún campeiro, exceptuando a Nando que segue ansioso por recuperarse canto antes, e algún que outro campeiro esta a riscar os días no calendario na procura do hachazo que o catapulque ao Reino dos mais Fortes.
Os primeiros kilometros recorrémolos polo Camiño de Santiago, dirección Lavacolla, camiño levadeiro e sen moitos desniveles, que fan cavilar o campeiro Agra, sobre o estado de forma do campeiro Mikel. Dubidas que lle quedan resoltas na primeira e longa subida “Amenal”, momento no que esperta do sono, devolvendo ao mundo cruel e real, a piques de poñerse Choroso, cando ve desaparecer na lexania o Mikel. Xa nas inmediacións do aeroporto Compostela, o Campeiro Andrés decatase dunha incidencia na roda dianteira da Berg. “Apirolamiento da cuberta” vocabulario técnico moi apropiado dado o lugar onde nos encontrabamos, Lavacolla, a historia conta que dito nome provén do sitio onde os peregrinos lavaban, a coira ou partes intimas antes de entran en Compostela. Solucionada a incidencia con algunha que outra discrepancia, dos mais entendidos...
sábado, 29 de enero de 2011
miércoles, 19 de enero de 2011
Progresando adecuadamente
Segunda saída do ano que acaba de escomenzar. Nesta ocasión o punto de partida vai ser o multiusos Fontes de Sar , da capital Galega. Para organizar esta ruta campeira, tratouse de buscar unha fecha que posibilitara a máxima participación campeira. Pero temos que dicir que a previsión non se cumpleu. Ausencia xustificadas, so a do noso campeiro Nando, que segue a recuperarse a moi bo ritmo do cal todos nos alegramos; ausencias sen xustificación o campeiro Agra, como se dicía vulgarmente en tempos do instituto “latou”. A explicación e vos ben sinxela , basta con ler o título da crónica. O líder das baixadas endemoniadas “necesita mellorar”. A derradeira saída deixouno tocado e sen folgos, segue a espertarse a altas horas da madrugada con pesadelos de cumes elevadas, que o fan entran en taquicardias. Conclusión; el ben dicía “o medo e coma o cu, cada un ten un”. Da ausencia do que aspira a entrar no Mundo Campeiro, permitídeme que non comente nada, so dicirlle que o falar non ten cancelas.
Vamos entrar en detalle do que nos dou a tarde do día dezaoito, as 15 horas os catro progresivos campeiros, Andres, Domi, Mikel e Oscar, comezan a dar pedal subindo algunha que outra cume que os levan por montes e camiños enlamados que fan cavilar o Follones no gasto da limpeza da súa Mondraker, o Mikel tamén nos comenta que estalle a pasar factura o parón dos últimos dous meses, pero co paso dos kilometros colle o ritmo de contado. O noso campeiro Andrés antes de chegar a Aríns, fainos a trasnada de provocar unha freada de emerxencia, o cal pon a proba os freos das nosas btt, facendo algunha que outra derrapada estilo fitipaldon. Rodamos todos a un ritmo tranquilo pero progresivo, sen perdidas notables, agás aquelas necesarias para facer algunha que outra foto da paisaxe, e obra faraónica dun treito correspondente a un viaduto do ansiado e moderno, camiño de ferro Galego. Destacar tamén que o grupo vai percorrendo kilometros sen piques, preguntándonos se seria debido a ausencia do campeiro “rei das baixadas”.
Vamos entrar en detalle do que nos dou a tarde do día dezaoito, as 15 horas os catro progresivos campeiros, Andres, Domi, Mikel e Oscar, comezan a dar pedal subindo algunha que outra cume que os levan por montes e camiños enlamados que fan cavilar o Follones no gasto da limpeza da súa Mondraker, o Mikel tamén nos comenta que estalle a pasar factura o parón dos últimos dous meses, pero co paso dos kilometros colle o ritmo de contado. O noso campeiro Andrés antes de chegar a Aríns, fainos a trasnada de provocar unha freada de emerxencia, o cal pon a proba os freos das nosas btt, facendo algunha que outra derrapada estilo fitipaldon. Rodamos todos a un ritmo tranquilo pero progresivo, sen perdidas notables, agás aquelas necesarias para facer algunha que outra foto da paisaxe, e obra faraónica dun treito correspondente a un viaduto do ansiado e moderno, camiño de ferro Galego. Destacar tamén que o grupo vai percorrendo kilometros sen piques, preguntándonos se seria debido a ausencia do campeiro “rei das baixadas”.
lunes, 3 de enero de 2011
Os primeiros medos...
Nas altas terras da montaña fai tempo xa que caeron as primeriras nevaradas, no grupo dos campeiros iniciamo-lo ano logo de mais dun mes de abstinencia (algún que outro mais que de pedaleo), nunha saida na cal tivemos ausencias significativas por mor de motivos ben dispares. Por unha banda temos de baixa o lider dos campeiros, Fernando atopase convalecente dunha lesión que o vai ter lonxe dos camiños durante uns meses, esperando que a sua recuperación vaía no mesmo camiño como vai na sua bicicleta, dereito e firme; dende aquí todos che desexamos unha pronta e satisfactoría recuperación xa que eres moi necesario para o grupo para manter a unidade e poder ferir de ala a algún que outro paxaro...que pasou de blanco a carroñeiro en contra dos principios campeiros dos que ti nos tiñas tan ben acostumados…
Afloraron os primeiros medos no campeiro Mikel, que tras o parón navideño sentese mais débil que de costume e deixanos con unha inexplicacle ausencia poñendo como excusa o loito do seu compadre pero entrevendose o tintenear de “ algo pequeñito” no medio das penas e abandona o grupo nesta primeira e tan importante saida do ano, un acontecemento que noutra hora non se houbera perdido por nada, “as disculpas son como o cu, todos temos ún “…
Vamos entón a relatar como aconteceron os feitos desa para algun nefasta saída. Reunimos as 15:00H. os catro camperiros restantes a carón do CHUS e saimos dirección o campus universitario para baixar logo cara o Carmén de Abaixo, nestes inicios tranquilos o grupo iba cohesionado e medindo as forzas alleas, empezamos a subir por Casas Novas onde a choiva tamén quiso ser protagonista e xa non nos deixou o longo de toda a tarde, neses intres empezaban a flaquear as forzas, Agra notaba que lle faltaban os folgos tal cual gaita furada e co paso dos kilometros o furado ancheaba, en busca do alento que lle faltaba produciuse nas faldas do pedroso unha falta de oxixeno tal que unha bandada de douscentos paxaros caeron a plomo, nin os mais vellos do lugar recordan feito coma ese...
Destacable é a actitude dalgún camperio, tanto para o bo como para o malo; cando Agra no seu sufrimento vendose desbordado polo grupo que abreu unha fenda de mais de 200 m. atopase co xesto amable de Andrés que o vai esperando e dandolle animos para curalo seu mal. Por diante urdiase unha trama para complicar de por si a ruta e para facerlle mais dano os que peor iban. O pasar dos kilometros e cando a cousa se ía tornando positiva co terreo mais a favor a desgracia volvese a cebar no mais débil, o grupo sufre outro paron por mor dun pinchazo na roda dianteira da rockrider de Agra, mais leña para o carro...
Como ben sendo costume nas derradeiras saidas en ausencia de Fernando, Oscar toma as rendas do grupo e ainda sen coñecer os camiños vaise diante tendo que correxilo en non poucas ocasions, chegará o día que non se lle dea o aviso e deixaremolo ir só para que se perda entre camiños e corredoiras, mostrandolle que ainda sen ser fortes podemos ter a misma malicia por detrás como a que él denota por diante. Chegannos os ecos de que o noso merlo blanco nesta saida sei que se aburrira a esperar tanto polo grupo, cheirase no ambiente certa arrogancia impropia de alguén que aspire o liderato dos campeiros, un poco de sentidiño...
Tanto Andres como Xavi manteñense a un moi bo nivel tanto no plano deportivo como persoal afianzando así os valores propios que caracterizan o grupo dos campeiros. A ruta segue percorrendo as cercanias do poligono do tambre o cal chegamos logo de preto de duas horas de dar pedais, dende aqui continuamos por estrada ata a Plaza do Obradoiro, neste terreo Agra e dominador absoluto, poñendo un forte ritmo no treito chan e ben asfaltado das ruas compostelanas, sacando practicamente tanta diferecencia co grupo como a que tiña perdido en momentos anteriores. Facemos a parada de rigor na praza compostelana e terminamolo percorrido no mesmo lugar onde o escomenzamos logo de 33 km e mollados coma pitos...
Queridos blogueiros, este é o primeiro acto deste 2011 que acaba de escomenzar, quedan atrás os inicios dos campeiros no pasado veran, saidas que nos quedan no recordo como foron a mítica subida a Bustelo de Frades a carón do encoro Barrie de la Maza, os viraventos do Corzan, a dureza do Rubial; estas e outras tantas nos fixeron fortes como grupo compartindo sufrimentos propios e algarabías comuns. Esperamos que este ano nos depare as mesmas alegrias e poidamos seguir acadando retos que nos fagan sentir as mesmas sensacións que as que tivemos ata o de agora.
A landra Choca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)